UN TOTAL DE 800 GALEGOS PODERÁN ACREDITAR A SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA AO LONGO DE 2011

  • A Consellería de Traballo e Benestar prevé sacar a finais de ano unha nova convocatoria na que se ofertará un maior número de prazas e se incluirán novos sectores como o das redeiras e o dos louseiros
  • Esta iniciativa do Goberno galego recoñece oficialmente as aprendizaxes non formais, en especial, aos traballadores e traballadoras que aprenderon a súa profesión mediante a experiencia laboral
  • Na primeira convocatoria deste ano existen 500 prazas para atención no domicilio e 300 para atención en institucións sociosanitarias
  • Na actualidade existen na Comunidade autónoma máis de 3.800 persoas que contan con este recoñecemento no sector sociosanitario

 

Santiago, 17 de agosto de 2011.- Un total de 800 galegos e galegas poderán acreditar este ano a súa experiencia profesional no ámbito de atención sociosanitaria, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que para finais de ano se prevé ampliar tanto en número de prazas como a outros sectores como son o das redeiras e o dos louseiros.

Trátase de recoñecer oficialmente as aprendizaxes non formais, isto é, o que as persoas aprenderon a través de diferentes vías, non só a través da formación ‘non formal’, senón tamén, e de forma especial, o que os traballadores e traballadoras aprenderon mediante a súa experiencia laboral.

As acreditacións teñen carácter estatal e efectos profesionais e académicos, é dicir, convalidacións nos módulos da FP inicial que oferta a Consellería de Educación ou da formación para o emprego que oferta o departamento de Traballo e Benestar

En Galicia, un dos colectivos prioritarios en acreditar as súas competencias é o sociosanitario en persoas maiores ou dependentes como consecuencia da entrada en vigor da Lei de Dependencia no ano 2006, xa que esta normativa establece que entre 2012 e 2015 todas as persoas que traballen como persoal auxiliar, a domicilio ou en residencias e institucións sociais deben posuír unha determinada formación ou unha acreditación oficia da súa competencia profesional. En concreto, o colectivo destas persoas traballadoras en Galicia está formado por ao redor de 11.000 persoas.

Así, a Consellería de Traballo e Benestar tivo en conta esta necesidade e xa leva acreditas neste ámbito máis de 3.800 persoas, ben porque realizaron cursos de formación para o emprego do propio departamento autonómico ou ben porque desenvolveron as probas de certificados de profesionalidade. Para continuar con este proceso de acreditación, o departamento autonómico levou a cabo este ano unha primeira convocatoria do proceso de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na que se inscribiron un total de 5.900 persoas. Ofertáronse 800 prazas, en concreto, 500 para atención no domicilio e 300 para atención en institucións sociosanitarias.

Na actualidade, estanse a baremar as 5.900 solicitudes presentadas, asignando unha puntuación establecida en función dos anos de experiencia e horas de formación non formal. Este mesmo mes publicouse na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar as listas definitivas de admitidos e excluídos para iniciar o proceso de recoñecemento da súa experiencia

O proceso realízase en tres fases. Na primeira, de asesoramento, axúdase a cada persoa a xustificar ou documentar a súa competencia mediante a elaboración dun dossier completo de competencias profesionais.

Na segunda fase, a de avaliación, unha comisión elabora a partir do dossier un plan individualizado para cada candidato co obxectivo de que poda demostrar o seu desempeño profesional a través de distintos métodos e actividades de avaliación, que serán eminentemente prácticos, primado as simulacións de situacións reais de traballo e entrevistas profesionais.

Por último, as persoas que superen a fase de avaliación poderán, entón, acreditar a súa competencia profesional. Dada a demanda acadada, a Xunta está a traballar nunha segunda convocatoria que sairá a finais de 2011, na que se prevé ampliar as prazas e os sectores ou ocupacións. Para levar a cabo este proxecto, a Consellería de Traballo e Benestar conta coa xestión do Instituto Galego das Cualificacións e co 70 profesionais expertos que tras realizar os correspondentes cursos organizados por esta Consellería, están xa habilitados a nivel autonómico e estatal como asesores e avaliadores. Este mes, ademais, prevese convocar un novo curso para habilitar a máis asesores e avaliadores.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: