ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A SEGURIDADE NO TRANSPORTE ESCOLAR A TRAVÉS DUNHA GUÍA PARA A CORRECTA APLICACIÓN DA NORMATIVA

  • O manual pretende servir de axuda e facilitar a súa labor a organismos e colectivos implicados no transporte escolar de maneira directa e indirecta: estacións de ITV, talleres de reparación de vehículos, compañías de transporte colectivo, empresas adicadas ao carrozado de autobuses, colexios profesionais ou asociacións de pais
  • A guía recolle unha serie de requisitos que son obrigatorios para o transporte escolar e que teñen como finalidade adaptarse as necesidades de seguridade dos máis cativos

Santiago, 18 agosto de 2011.- Economía e Industria fomenta a seguridade dos nenos no transporte escolar a través da elaboración da “Guía de Aplicación da Normativa de Transporte Escolar” que informa a empresas e institucións públicas e privadas das condicións técnicas que deben cumprir este tipo de vehículos para que poidan realizar a súa función segundo o indicado na lexislación vixente. O transporte escolar presenta, dentro do conxunto do transporte de viaxeiros, unha especial relevancia debido á singularidade dos seus usuarios, polo que a Consellería entende necesario que se intensifiquen as garantías da súa prestación, fundamentalmente no que respecta á seguridade.

Previo á autorización para a realización do transporte escolar e de menores, os vehículos deben superar favorablemente unha inspección técnica que inclúe ademais o cumprimento dos criterios xerais de inspección que lles sexan de aplicación ao vehículo co fin de comprobar a idoneidade do mesmo para o transporte de menores. Esta autorización se concederá pola autoridade competente na ordenación dos transportes terrestres en base á antigüidade e outras prescricións administrativas, xunto co informe favorable da inspección técnica realizada. Neste eido, a guía preséntase como un texto integrador no que se recollen non só aspectos xerais que deben de cumprir os vehículos destinados ao transporte escolar, senón tamén sinala as obrigas destinadas ao transporte colectivo xenérico de persoas. A guía foi redacta co obxectivo de ser divulgada entre aquelas empresas, colectivos ou institucións implicadas neste tipo de transporte, directa ou indirectamente: as estacións de ITV, os talleres de reparación de vehículos, as compañías de transporte colectivo de persoas, as empresas adicadas ao carrozado de autobuses, os colexios profesionais de enxeñeiros ou as asociacións de pais de alumnos da ensinanza preescolar, primaria e secundaria. Para a súa elaboración tívose en especial consideración toda a lexislación referida ao respecto e tamén as prescricións administrativas, así como os requisitos de seguridade no transporte escolar. Todas estas disposicións quedaron plasmadas no Real Decreto 443 do ano 2001, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores.

Mellorar a seguridade dos cativos

A guía elaborada pola Consellería de Economía e Industria presenta unha serie criterios e requisitos que son obrigatorios para o transporte escolar e teñen coma finalidade adaptarse ás necesidades de seguridade dos máis cativos. O manual está composto de catro fichas: unha adicada a cualificación de defectos na inspección técnica; a segunda sobre a aplicación das prescripcións relativas ao transporte escolar e de menores; a terceira xira ao redor dos criterios, requisitos técnicos e pautas de actuación; e a cuarta trata da inspección previa para a aptitude de transporte escolar e de menores. Entre os puntos que se teñen en conta na normativa de transporte escolar e que están contemplados nesta guía atópanse criterios como a antigüidade do vehículo, a accesibilidade, visibilidade, sinalización, medidas protectoras e de seguridade de cara aos nenos. A guía pódese consultar e descargar na web da Consellería de Economía e Industria, http://economiaeindustria.xunta.es

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: