ULTIMA SEMANA DA CAMPAÑA ÁBACO DE VERÁN

GRAN ACOLLIDA DA CAMPAÑA ÁBACO DE VERÁN E ÚLTIMA SEMANA PARA SEGUIR RECOLLENDO CÓDIGOS.

A asociación do Baixo Miño de comerciantes e empresarios, Ábaco, segue coa súa campaña “Ábaco de verán” repartindo multitude de premios aos clientes e visitantes da nosa vila. Ata o momento hai case 10.000 códigos rexistrados entre os que reparten os comercios e hosteleiros adheridos á campaña e os que estánse a repartir entre os visitantes do Monte Santa Tegra. Hai rexistros de xente,na súa maioría, de A Guarda e de O Rosal pero tamén acuden a nosa vila e se rexistran persoas de Vigo, Baiona, Ponteareas, Porriño, etc…Entre os códigos rexistrados no Monte hai xente de toda España, desde Barcelona, Madrid, Murcia, Valencia, etc… Xa saíron un total de 216 premios, entre os que hai vales de consumición nos establecementos hosteleiros, vales de compra en distintos comercios, xogos Play Station, kits de praia, botellas de viño, complementos, entre outros. Ó remate desta campaña temos uns premios especiais que se sortearán entre tódolos códigos rexistrados: 15 noites no Hotel Bruselas (próximamente Hotel Vila da Guarda) e 1 noite no Hotel Talaso Atlántico. Tanto establecementos como clientes e visitantes móstranse moi satisfeitos coa campaña dado o gran número de rexistros e o crecente número de premios obtidos.Ésta é a última semana da campaña, sendo o derradeiro día en que se poden rexistrar códigos o vindeiro domingo 21 de agosto, polo que vos animamos a que sigades facendo as vosas compras nos establecementos adheridos para aproveitar tódolos premios que queden por saír; así que xa sabedes, tedes ata este domingo para obter moitos códigos e así, ter máis opción de obter premios. Recordade que podedes rexistralos na web ata as 23:59.

 

Gracias a todos e ¡MOITA SORTE!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: