A Federación Veciñal cualifica de “imprudencia temeraria” o recorte no servizo de ambulancias do 061 na cidade.

  • O movemento veciñal reclama que desde Concello e Vitrasa se actúe para impedir o cobro de comisións bancarias na recarga da tarxeta verde.
  • Eduardo Chao” amosa a súa profunda preocupación perante as últimas noticias a respecto do mecanismo Tax Lease.

O recorte do servizo de ambulancias do 061 para a nosa cidade constitúe en opinión da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” unha grave ‘imprudencia temeraria’, xa que supón precarizar inda máis un servizo sanitario fundamental.

A decisión da Xunta de Galicia de retirar unha ambulancia asistencial das 3 que prestaban servizo conxuntamente con 2 medicalizadas supón para o colectivo veciñal un novo recorte que empobrece a atención sanitaria pública, polo que reclaman do goberno galego que rectifique e volva poñer en servizo a ambulancia retirada. “É incomprensíbel que cunha poboación moi semellante, en A Coruña manteñan as 3 e en Vigo nos quiten unha” denunciaron.

COMISIÓNS BANCARIAS NA RECARGA DA TARXETA VERDE

Por outra banda perante as noticias referidas a que entidades bancarias, distintas de Novacaixagalicia, están a cobrar comisións bancarias de até 4€ ás e aos usuarios do transporte público colectivo por recargar as súas “tarxetas verdes”, o movemento veciñal reclama do Concello de Vigo e da empresa concesionaria, Vitrasa, que se tomen de inmediato as medidas necesarias para poñer fin a esta situación que desde a FAVEC cualifican de “atropelo escandaloso que penaliza a quen opta de xeito regular polo transporte público”

Nos próximos días solicitarán unha xuntanza urxente co Concelleiro de Transporte, Carlos López Font, para abordar entre outros asuntos esta problemática.

 

PROFUNDA PREOCUPACIÓN POLO SECTOR NAVAL

As últimas informacións que apuntan a que a autoridade comunitaria de competencia podería retrasar até 2013 o desbloqueo do mecanismo Tax Lease, esencial para viabilizar o futuro do sector da construción naval, provocaron na FAVEC unha profunda preocupación. Desde a Federación Veciñal entenden que a actual situación esixe dunha acción máis firme e unificada das administracións públicas, principiando polo Goberno Central. “É hora de que as administracións dean pasos firmes en defensa dun sector estratéxico para a nosa cidade” pediron.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: