ECONOMÍA E INDUSTRIA DESEÑA UN NOVO SERVIZO PARA FACILITAR A INTERNACIONALIZACIÓN DE EMPRESAS GALEGAS CON PRODUTOS GOURMET

  • As empresas beneficiarias deste proxecto piloto serán seleccionadas en función da adecuación do seu produto á canle gourmet
  • Terán prioridade as empresas non exportadoras e as empresas de Lugo e Ourense, como un novo apoio á internacionalización no marco dos respectivos plans Impulsa

Santiago, 19 agosto de 2011.- Facilitar a entrada de empresas galegas con produtos de calidade, tipo gourmet, en novos mercados internacionais é un dos obxectivos que busca a Consellería de Economía e Industria mediante un novo servizo que, impulsado e cofinanciado polo  Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), se vai a desenvolver a partir dun proxecto piloto do que poderán beneficiarse, inicialmente, un grupo de empresas. O obxectivo final do novo servizo é o de acadar o incremento de pedidos e vendas para as empresas galegas implicadas.

O proxecto piloto, que se vai poñer en marcha en datas próximas, consiste nun servizo de asistencia comercial para a introdución en novos mercados internacionais mediante una nova canle gourmet. A través deste novo servizo, o Igape habilitará un equipo de profesionais que, durante un período de 6 meses, estarán en disposición de asistir ás empresa beneficiarias como representantes comerciais, diante de terceiros, en novos mercados internacionais.

As empresas beneficiarias deste proxecto piloto serán seleccionadas en función da adecuación do seu produto á canle gourmet, dando prioridade a empresas non exportadoras e a empresas de Lugo e Ourense, como un novo servizo de apoio á internacionalización no marco dos respectivos plans Impulsa. Mediante este proxecto piloto, a Consellería de Economía e Industria facilitará o posicionamento de empresas galegas con produtos gourmet en mercados distintos ao español mediante acordos, pedidos, exhibicións e outros medios que procuren un incremento da súa facturación, así como unha repercusión positiva en canto á expansión da marca nos mercados exteriores. Entre os servizos facilitados a través da canle gourmet estará a preparación de plans comerciais para a exportación das referencias propostas en mercados seleccionados, o asesoramento na presentación dos produtos e o asesoramento de todo o proceso de exportación, ademais do seguimento dos potenciais contactos con clientes exteriores. O servizo estará aberto a empresas con domicilio social en Galicia que elaboren produtos de alimentación adecuados á canle gourmet, que os produtos non requiran da cadea de frío para o seu transporte e que teñan períodos de caducidade superiores a 6 meses.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: