Noticias Ayuntamiento de Vigo 19-08-11


Caballero asegura que a humanización converte a zona de Balaídos “nun dos grandes centros da cidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a finais deste mes de agosto estarán rematadas as obras de humanización de Balaídos, Eugenio Kraft e Manuel Castro. Acompañado de Carmela Silva, indicou que estes traballos pendentes, que ascenden a 50.000 euros, permitirán concluír o proceso de transformación da zona, que se converterá “nun dos grandes centros da cidade”.

 


O alcalde louba o estudo do Valedor do Cidadá sobre pobreza e exclusión social

Abel Caballero destacou a “entrega e esforzo” co que Luis Espada Recarey, Valedor do Cidadán, elaborou un estudo sobre pobreza e exclusión social. O rexedor, quen acompañou este venres ao escritor na presentación do libro, agradeceulle a Espada “a súa sensibilidade e o seu traballo continuo por esta cidade”. O alcalde avanzou a súa intención de actuar no ámbito social “sen recortes e, na medida do posible, incrementando” dotacións orzamentarias. Nesta liña, subliñou que os trámites de construción do albergue seguen adiante sen pausa porque é “un compromiso de primeira magnitude” do Goberno municipal.

 

O rexedor cualifica de excepcionais as festas de Vigo e felicita á concelleira Abelairas

“Foron unhas festas excepcionais e moi robustas”. Así definiu o alcalde Abel Caballero, o programa festivo que ven de rematar en Vigo. Nun balance diante dos medios de comunicación, o rexedor loubou o traballo da concelleira Isaura Abelairas e destacou que a austeridade que caracterizou a organización das festas este ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: