Proxecto Aquelando2

O próximo mes de outubro de 2011 a Deputación de Pontevedra, a través do proxecto Aquelando 2, porá en marcha 2 cursos de atención sociosanitaria dos que se poderán beneficiar 30 persoas en situación de desemprego da provincia Pontevedra. Un deles será “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e outro será “Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio”.

Estes cursos impartiranse en Pontevedra e en Vigo respectivamente. Ambos os cursos darán dereito á obtención do certificado de profesionalidade correspondente de forma directa. Para poder acceder ao proceso de selección de alumnado, aquelas persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas oficinas de Vigo e Pontevedra, que serán as encargadas de realizar a preselección, Ademais, haberá que ter solicitado a realización dalgún destes cursos, e cumprir cos requisitos mínimos de acceso á formación ocupacional con certificado de profesionalidade de nivel 2.

O proxecto Aquelando2 é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra para integrar a persoas con problemas de acceso ao mercado laboral mediante a realización de cursos, prácticas e posibilitando a inserción. Máis de 300 persoas incorporáronse ao mercado de traballo dende a posta en marcha deste proxecto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: