A DELEGADA TERRITORIAL EN VIGO LEMBRA QUE A XUNTA ACTUOU CORRECTAMENTE ANTES E DURANTE A TORMENTA DO PASADO DOMINGO E LAMENTA QUE O ALCADE DA CIDADE ELUDA AS SÚAS RESPONSABILIDADES

  • A Xunta de Galicia actuou de forma correcta e avisou en tempo e hora da alerta meteorolóxica ao Concello de Vigo.
  • Desde o primeiro momento, puxéronse a disposición do Concello todos os medios da administración autonómica.
  • A delegada territorial lamenta a actitude do alcalde vigués de continua confrontación coa administración galega e pide que asuma as súas responsabilidades neste asunto.

Vigo, 24 de agosto de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, lamenta a constante actitude de enfrontamento do alcalde de Vigo coa administración autonómica, despois das críticas efectuadas tras os acontecemento do pasado domingo, adiantados na mañá desa xornada polos avisos emitidos pola Dirección Xeral de Emerxencias, a través do 112, informando dun aviso de nivel de alerta laranxa. Na comunicación, a Xunta advertía dese fenómeno meteorolóxico adverso por chuvias localmente fortes con treboadas, coa posibilidade de que foran localmente moi fortes, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias comunicou, en previsión destes feitos, que o Concello de Vigo adoptase “as medidas preventivas necesarias e no seu caso alerten ou mobilicen os medios e recursos dispoñibles”. Un aviso que se realizou atendendo o boletín informativo que emitiu a Axencia Estatal de Meteoroloxía ese mesmo día. Lucía Molares explica que, “una vez máis, comprobamos como o alcalde da cidade non asume as súas responsabilidades nin os seus erros”, e os oculta culpando de equivocarse na predición a Meteogalicia, cando sempre se manexaron como referencia os mesmos datos que publicou a Agencia Estatal de Meteorología (AEMET). Polo que non entende que as críticas do alcalde apunten a cualificación de nivel de alerta laranxa que emitiu Meteogalicia, e que non o faga coa AEMET. Para a Delegada Territorial da Xunta, “é unha nova mostra da súa constante política de enfrontamento co Goberno Autonómico, esquecendo que os seus esforzos deben centrarse en resolver os problemas da cidadanía, non en esquivalos e remitilos a outras administracións”. A delegada da Xunta puso, na noite do pasado domingo, todos os medios da Xunta a disposición do Concello de Vigo, tras comunicalo persoalmente ao concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos López Font. Así, para apoiar aos servizos municipais, a Xunta de Galicia mobilizou para Vigo ao Grupo de Apoio Loxístico ás Emerxencias, cunha dotación de tres axentes e un camión cun semirremolque especializado en achiques de auga, dotado de todo tipo de material de bombeo e achique en casos de inundacións. Este equipo estivo toda a noite do domingo actuando en diversas zonas da cidade, como no túnel do Berbés, en varias estradas de acceso a Vigo que tiñan grandes embolsamentos de auga, e nos garaxes da comisaría de Policía Nacional de Vigo, continuando durante a xornada do luns con actuacións en baixos comerciais, garaxes, parkings e ocos de ascensor en diversas partes da cidade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “A DELEGADA TERRITORIAL EN VIGO LEMBRA QUE A XUNTA ACTUOU CORRECTAMENTE ANTES E DURANTE A TORMENTA DO PASADO DOMINGO E LAMENTA QUE O ALCADE DA CIDADE ELUDA AS SÚAS RESPONSABILIDADES”

  1. Melissa dice :

    Congrats, Me ha extasiado este escrito. Tienes que seguir comentado cosas asi. Te dejo mi blog para que lo leas Casa productora en Guadalajara y me digas que opines porfa . hasta pronto.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: