López-Chaves descarta perante a Federación Veciñal realizar novos recheos no Porto de Vigo.

  • A FAVEC reiteroulle a súa oposición frontal a calquera ampliación e reclamou novamente o Porto se dote dun Plan de Usos para racionalizar a utilización do espazo portuario.

Unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC, integrada por María Pérez (Presidenta, Xabier P. Igrexas (Secretario) e Francisco Piñeiro (Vogal de medioambiente e litoral), reuniuse na mañá de hoxe, por espazo de corenta minutos, co Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. A xuntanza celebrouse nun clima cordial e de mutua receptividade.

A xuntanza que fora solicitada hai varias semanas pola Federación Veciñal centrouse nos posíbeis proxectos de ampliación portuaria. O Presidente da AP manifestou aos directivos da FAVEC que non hai ningún proxecto en firme e que a única posíbel ampliación, que ten consignados orzamentos no Plan de Empresa do Porto, sería a da construción dunha nova rampa na terminal ro-ro de Bouzas. Porén, López-Chaves afirmou que considera que esa ampliación non se realizará xa que “non é necesaria”. “Unicamente en caso dun incremento motivado da demanda de espazo portuario para Citroen ou outras empresas se executaría, en todo caso nunca antes de 2015”, aseguroulles.

PLAN DE USOS

Pola súa banda a representación da Federación Veciñal, malia acoller con satisfacción que non estean previstos novos recheos, trasladoulle a súa firme oposición a calquera ampliación portuaria até que o Porto se dote dun Plan de Usos (agora denominado Delimitación de Usos Portuarios). “O movemento veciñal de Vigo oporase frontalmente a calquera posíbel recheo, sexa por aterramento ou sobre pilotes, mentres non se racionalice a utilización do solo portuario a través dun plan de usos” advertiron.

A este respecto o Presidente da AP asegurou estar realizando xestións con Madrid para axilizar a tramitación do referido plan (conforme o proxecto remitido en abril deste ano pola anterior Presidenta) que fica pendente de se precisará ou non avaliación ambiental estratéxica. No caso de non ser necesaria a avaliación a intención de López-Chaves é levar canto antes a exposición pública o proxecto.

 

TRANSPORTE DE RÍA

A FAVEC interesouse tamén polo transporte marítimo na Ría de Vigo, como entidade integrante da Plataforma de Usuarias/os. O Presidente da AP informoulles de que recibirá proximamente a representantes desa Plataforma e que está a rematar a instalación da marquesiña no punto de atraque.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: