UN TOTAL DE 120 MOZOS E MOZAS DESENVOLVEN LABORES MEDIOAMBIENTAIS NO CAMPO DE TRABALLO DAS ILLAS CÍES

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, e o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, visitaron hoxe este campo de traballo que conta coa participación de voluntarios de toda España e de mais de 10 países
  • En total, a Xunta oferta este verán en Galicia 260 prazas –distribuídas en 11 quendas- en sete campos de traballo distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior

Vigo (Pontevedra), 24 de agosto de 2011.- Un total de 120 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos desenvolven -en catro quendas ao longo do verán- labores de carácter medioambiental no campo de traballo situado nas Illas Cíes, concretamente na Illa norte de Monte Agudo, e organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar dentro da campaña ‘Acción de Verán 2011’.O director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, e o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, visitaron hoxe este campo de traballo medioambiental que consiste no desenvolvemento de labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do Servizo de Medio Ambiente.

Procedentes de 10 países

Nesta quenda, na que participan voluntarios de entre 25 e 30 anos procedentes de Galicia, do resto de España e tamén de máis de 10 países, desenvólvense ademais labores de limpeza na illa sur de San Martiño (única illa non comunicada por barco de viaxeiros) con medio de transporte propio; de argazo e outras especies alóctonas na beira do mar vestindo neoprenos e escarpíns; e apoio á accesibilidade de persoas con mobilidade reducida que poidan necesitar axuda para acceder ou visitar a illa. En total, a Xunta oferta este verán en Galicia 260 prazas –distribuídas en 11 quendas- en sete campos de traballo distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior. Estas prazas van dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros. As actividades comezaron en xullo coa celebración do campo de traballo de Cabana de Bergantiños. En agosto están a ter lugar en distintas quendas un total de dez campos de traballo, ademais de nas Illas Cíes -Parque Nacional que xestiona a Consellería do Medio Rural-, en Rois (A Coruña), Narón (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense) e Ourense.

Outros campos de traballo

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofertou prazas á mocidade galega en campos de traballo doutras comunidades autónomas, en concreto, de A Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia. Ofertáronse tamén prazas en campos de traballo de 19 países: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: