PORTOS DE GALICIA ULTIMA OS TRÁMITES PARA INICIAR A CONSTRUCIÓN DA ESTACIÓN MARÍTIMA DE BAIONA A PRINCIPIOS DO OUTONO

  • O presidente do ente público mantivo esta mañá un encontro insitucional co alcalde e visitou os traballos de humanización do dique, recentemente rematados

Santiago, 25 de agosto de 2011.- Portos de Galicia prevé iniciar as obras de construción da estación marítima de Baiona a principios do vindeiro outono. Con este fin, o ente público está a ultimar os trámites necesarios para dar comezo aos traballos a finais do mes de setembro. Así llo trasladou esta mañá o presidente do organismo, José Juan Durán, ao alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, na súa primeira visita institucional ao Concello. O presidente de Portos de Galicia coñeceu as necesidades da comunidade portuaria da zona e repasou as últimas actuacións executadas polo ente público. Así, José Juan Durán vistou a rampla de Santa Marta, recentemente reparada, e os traballos de humanización e pavimentación do dique, que veñen de ser culminados. Finalmente, o responsable do organismo portuario achegouse á zona na que se ubicará a futura estación marítima. Esta obra foi adxudicada o pasado mes de maio por un importe de 281.946 euros e ten un prazo de execución aproximado de medio ano.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: