ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA “CAMIÑO A CAMIÑO”

En total ofértanse un total de 260 prazas para o mes de setembro en varias quendas

  • Neste vindeiro mes de setembro o “Camiño a Camiño” levarase a cabo nas Illas Cíes en dúas quendas, durante a semana e a fin de semana.

  • A novidade desta edición é que os maiores de idade poderán participar en diversas actividades de conservación do Parque Nacional

Vigo, 26 de agosto de 2011.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou no día de hoxe que todos aqueles que queiran participar no programa “Camiño a camiño” poderán inscribirse a partir do próximo luns, 29 de agosto, a través do 010. No mes de setembro o Camiño a Camiño levará a todos os participantes ás Illas Cíes e o fará en varias quendas. De luns a venres poderán participar 6 persoas e xa o fin de semana formaranse grupos de 50 persoas. A novidade desta renovada edición reside en que os participantes maiores de idade poderán participar en diversas actividades de conservación do Parque Nacional. Así, ademais dos roteiros guiados participarán na retirada de plantas invasoras, na limpeza de areais… Os nenos poderán asistir acompañados dun adulto e aínda que non participarán nas actividades de voluntariado si serán partícipes da educación medioambiental. En total ofertaranse un total de 260 prazas. Desde mediados de xullo ata o de agora, un grupo de mozos e mozas, de entre 18 e 35 anos, están acampados en Cíes facendo traballo de voluntariado medioambiental. Dentro deste programa, traballaron baixo a coordinación dunha monitora especializada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA “CAMIÑO A CAMIÑO””

  1. Lorena dice :

    Se agradece el aporte.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: