EDIO RURAL AGRADECE AOS TECORES DE GALICIA O ESFORZO REALIZADO PARA CONTROLAR AS POBOACIÓNS DE XABARIL

  • O director xeral de Conservación da Natureza reuniuse co presidente da Federación Galega de Caza para analizar os resultados das capturas de xabaril da última tempada de caza
  • As capturas aumentaron en máis dun 32% sobre as da tempada anterior, pasando de 10.009 a 13.241 exemplares abatidos

Santiago, 26 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural, unha vez coñecidos os resultados das capturas de xabaril realizadas durante a pasada tempada de caza 2010/2011 -que rematou o 31de xullo de 2011-, quere agradecer ás Sociedades de Cazadores titulares dos tecores de Galicia o esforzo realizado para controlar as poboacións de xabaril. O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, quixo agradecerlle persoalmente ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o traballo realizado nunha reunión mantida hoxe, na que se analizaron as cifras da tempada 2010/2011.

Evolución capturas

Segundo os datos finais obrantes nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, as capturas incrementáronse de forma substancial, aumentando en máis dun 32% sobre as da tempada anterior -como se recolle no cadro adxunto-. Deste xeito pódese deducir que a media dos dez primeiros anos é de 4.260 xabaril/ano, mentres que a dos tres últimos é de 10.733 xabaril/ano, con máis dun 250% de incremento.

TEMPADAS EXEMPLARES ABATIDOS
1998/1999 3.262
1999/2000 2.883
2000/2001 1.603
2001/2002 3.173
2002/2003 3.501
2003/2004 4.085
2004/2005 3.763
2005/2006 5.280
2006/2007 7.289
2007/2008 7.766
2008/2009 8.948
2009/2010 10.009
2010/2011 13.241
TOTAL 74.803

Outros temas tratados

Nesta reunión tratáronse outros temas de transcendencia como a apertura da media veda de codorniz na Limia que iniciase este fin de semana ademais da situación na que se encontra o documento técnico da nova Lei de Caza, en proceso de elaboración.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: