Reunión cos sindicatos a respecto das ambulancias do 061.

  • Hoxe tivo lugar unha reunión entre a Federación Veciñal e os sindicatos CIG e CCOO.

A Federación Veciñal mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza con representantes sindicais do sector das ambulancias, para abordar conxuntamente os recortes no dispositivo de emerxencias do 061. Na reunión, na que participaron representantes da CIG e de CCOO, así como a Presidenta e o Secretario da FAVEC, puxeron en común a fonda preocupación compartida a respecto dos riscos sanitarios que terá o recorte no número de ambulancias do 061 con base na nosa cidade.

DUPLO RECORTE PARA A VECIÑANZA DE VIGO.

Unha das conclusións tiradas do encontro, que se celebrou por espazo de trinta minutos, foi que no caso de Vigo a veciñanza padecerá un duplo recorte asistencial, xa que á diminución das ambulancias con base en Vigo súmanse as reducións noutros concellos da área metropolitana, dado que con menos dotación terán que atender as novas necesidades que se creen no resto da área. “Ademais de reducir as ambulancias en Vigo, as que continúen terán que suplir os recortes noutros concellos, o que supón un duplo recorte que constitúe un atentado á saúde pública” denunciaron.

APOIO DO MOVEMENTO VECIÑAL ÁS MOBILIZACIÓNS.

A Federación Veciñal, así mesmo, trasladoulle aos representantes sindicais que contarán co apoio do movemento veciñal nas mobilizacións e accións reivindicativas que teñen pensado iniciar proximamente.

Por outra banda cualificaron de “falsidade demagóxica” que a Consellaría de Sanidade fale de “reubicación de servizos”, cando na súa opinión estamos diante dun recorte máis na sanidade pública.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: