A XUNTA LAMENTA QUE O GOBERNO QUE NON FOI CAPAZ DE CUMPLIR O PACTO DO OBRADOIRO POÑA AGORA OS DEBERES AOS SEGUINTES RESPONSABLES MINISTERIALES

  • O Goberno autonómico considera unha falta de respecto institucional que o Ministerio de dirixe José Blanco non invitara á inauguración da estación de Guixar aos representantes da Xunta
  • Recordou que a nova estación para viaxeiros de Guixar é parte da integración da Alta Velocidade na Cidade de Vigo

Santiago, 27 de agosto de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, lamentou esta mañá a actitude do Goberno, que non foi capaz cumplir o Pacto do Obradoiro e agora dedícase a poñer os deberes aos seguintes responsables ministeriais. Sinalou que non deixa de ser sorprendente que un Goberno que non foi capaz de cumprir os compromisos asinados e recollidos no Pacto do Obradoiro, fixe ao Goberno que saia elixido das urnas o vindeiro 20 de novembro a folla de ruta. Destacou que as afirmacións do ministro de Fomento tamén son unha clara falta de respecto aos cidadáns, porque o actual Goberno xa non está lexitimado para marcar datas, tendo enriba da mesa unha convocatoria electoral. Ao mesmo tempo, dende a Xunta laméntase a falta de respecto institucional por parte de Fomento, xa que ningún dos membros da Xunta foi invitado a participar no acto de inauguración da estación de Guixar. A estación de Guixar e a nova estación de Vigo están incluídos no Pacto o Obradoiro, existe un acordo asinado polas tres administracións (central, autonómica e local) e tamén forma parte das actuacións comprometidas polo ministro Blanco a executar de xeito coordinado coa Xunta de Galicia, por ser unhas obras que afectan ao tramado urbano e que se integran dentro dos proxectos de intermodalidade. Nese senso, o ministro Blanco comprometeuse nas diferentes xuntanzas mantidas coa Xunta de Galicia a realizar reunións de seguimento para coordinar as actuacións previstas nas novas estacións intermodais de Galicia, tal e como se fixo no caso de Lugo e Santiago. Sen embargo, no caso de Vigo, a Xunta carece de información sobre os avances e as previsións ao respecto do desenvolvemento da futura estación intermodal. A actuación de Guixar é parte da integración da Alta Velocidade na Cidade de Vigo, que acollerá o transito de viaxeiros mentres se constrúe a nova estación de Urzaiz, adaptándoas as necesidades e demandas da intermodalidade, o concepto fundamental do transporte público para a Administración galega.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: