UN TOTAL DE SESENTA NADADORES PARTICIPARÁN A VINDEIRA FIN DE SEMANA NA II EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO 'DESAFÍO ILLAS CÍES'

  • A proba consistirá nun percorrido de 10 quilómetros dende a praia de Rodas, nas Cíes, ata a do Vao, en Vigo
  • Os competidores estarán repartidos en tres grupos acompañados por persoal do Parque Nacional para asegurar o avituallamento e control de cada nadador
  • O evento está organizado pola ‘Asociación Augas Abertas de Galicia’ en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Club Náutico de Vigo

Santiago, 27 de agosto de 2011.- Un total de 60 nadadores e 15 piragüistas participarán o vindeiro sábado, 3 de setembro, na II edición da travesía a nado ‘Desafío Illas Cíes’. Trátase dun percorrido en augas abertas de 10 quilómetros entre a praia de Rodas, na illa norte de Cíes, e a do Vao, en Vigo

Neste evento, organizado pola ‘Asociación de Natación Augas Abertas de Galicia’, colaboran o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia -xestionado pola Consellería do Medio Rural- e o Real Club Náutico de Vigo. O obxectivo principal é fomentar as actividades deportivas e a práctica de hábitos saudables conxugadas no entorno natural das Rías Galegas e o Parque Nacional.

60 nadadores

Nesta segunda edición competirán un total de 60 nadadores e 15 piragüistas procedentes de tódolos puntos de España e do estranxeiro. A saída será ás 10:00 horas da mañá do sábado (para o primeiro grupo) dende a praia de Rodas, na illa norte de Monte Agudo, realizando un percorrido de 10 quilómetros ata chegar á do Vao, en Vigo.

 

Os concursantes estarán repartidos en tres grupos -rápido,intermedio e lento- en función do test de tempos de cada un deles nunha distancia de 3.000 metros en piscina, acompañados de lanchas neumáticas, un grupo de piragüistas e un barco nodriza para asegurar o avituallamento e control de cada nadador.

Durante todo o percorrido da travesía os nadadores non se poderán separar do grupo asignado, salvo a dous quilómetros da chegada, onde cada un poderá marcar o seu ritmo de nado.

Proba perdurable

O obxectivo da ‘Asociación Deportiva Augas Abertas de Galicia’ é crear unha proba perdurable e chegar a converterse nun referente neste tipo de competicións, que cada vez está tendo un maior seguimento entre nadadores e deportistas. Ao igual que na pasada edición, as idades dos participantes son moi variadas, dende os 22 anos do máis novo aos 67 anos do máis maior. Este ano, o cupo de inscrición dobrouse ao pasar de 30 a 60.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: