JUÁREZ SALIENTA O PESO ESPECÍFICO DA SUBZONA DO CONDADO, QUE EN 2010 XEROU O 39% DO VALOR ECONÓMICO TOTAL DA D.O. RÍAS BAIXAS

  • Na súa visita á LII Festa do Viño do Condado, o conselleiro destacou o prestixio destes viños e o esforzo dos viticultores e adegueiros a prol da calidade destes recoñecidos caldos
  • A organización desta edición nomeou ao titular de Medio Rural Confrade de Honra, como recoñecemento polo seu traballo en defensa da promoción do viño

Santiago, 28 de agosto de 2011.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, foi nomeado hoxe Confrade de Honra da Confraría do Viño do Condado do Tea durante a súa visita á LII Festa de exaltación deste produto, acompañado polo alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, entre outras autoridades. No seu discurso, o titular de Medio Rural mostrou o seu agradecemento por este distintivo, ao mesmo tempo que salientou a calidade e a fortaleza destes viños pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas que, día tras día, medran en cantidade e en prestixio. Juárez aproveitou a ocasión para destacar o importante labor social e económico que se desenvolve nesta subzona da D.O. Rías Baixas. Na última colleita, O Condado achegou un importante volume de negocio para o conxunto das Rías Baixas, roldando un valor económico estimado de 38,4 millóns de euros, o que supón máis do 39% desta D.O. No Condado, con datos a 31 de decembro de 2010, traballan 1.211 viticultores en 39 industrias, cunha superficie inscrita de 971 hectáreas. No pasado exercicio a produción de uva superou lixeiramente os 7 millóns de quilos, o que supuxo un total de 4,8 millóns de litros de viño. Estes datos sitúan a esta subzona como unha das máis importantes dentro da D.O. Rías Baixas, cuxas grandes cifras (do 2010) se reflicten neste cadro comparativo:

  D.O. Rías Baixas Subzona do Condado
Valor económico estimado 96.399.000 38.449.672 (39,9%)
Viticultores 6.584 1.211 (18,4%)
Industrias 187 39 (20,9%)
Superficie (en hectáreas) 3.814 971 (25,5%)
Produción de uva (en kg) 31.686.516 7.067.638 (22,3%)
Viño cualificado (en litros) 16.066.493 4.806.209 (29,9%)

Produto de calidade

Samuel Juárez loou a gran calidade dos viños da D.O. Rías Baixas, froito do esforzo e a profesionalidade de viticultores e adegueiros. Fixo fincapé no prestixio internacional que nos últimos anos gañou o albariño, como un dos principais produtos de calidade e que maior proxección están a acadar fóra das fronteiras galegas. Deste xeito, animou aos produtores desta variedade a que continúen a desenvolver o seu traballo como ata o de agora, coa fin de impulsar aínda máis os produtos de calidade de Galicia, dinamizando e ampliando as relacións comercias da D.O. Rías Baixas, un dos produtos de referencia do agro galego. Juárez lembrou tamén que Medio Rural incentiva diferentes accións de promoción dos viños galegos, tales como catas, participación en feiras sectoriais ou eventos como esta Festa do Viño do Condado, a prol do maior recoñecemento posible destes caldos entre os propios galegos e galegas e tamén entre os visitantes que durante o verán se achegan á Comunidade Autónoma. O conselleiro avogou por seguir traballando para manter esta boa posición e facer posible que o viño de Galicia sexa un verdadeiro sinal de identidade dos produtos agroalimentarios galegos de calidade.

Datos da Festa

Nesta edición, nas proximidades do recinto amurallado do Castelo de Dona Urraca instaláronse un total de 20 stands pertencentes a outras tantas adegas da zona do Condado. A primeira vez que se celebrou a Festa do Viño do Condado foi no ano1959. Nas súas cincuenta e dúas edicións escóllense anualmente os denominados viños Deliciosos do ano, a través dunha cata, e se nomean aos novos confrades (caso de Samuel Juárez nesta edición) seleccionados por méritos propios polo seu traballo a prol da promoción do viño.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: