A XUNTA ABRIU MÁIS DE 900 NOVAS PRAZAS DE ESCOLA INFANTIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS

  • En toda Galicia, o total de prazas 0-3 creadas nese prazo ascende a 2.100
  • A conselleira de Traballo e Benestar visitou hoxe o novo centro 0-3 de Mos Coto Torrón, o cuarto posto en funcionamento na comarca de Vigo polo actual Goberno
  • A escola, na que a Xunta investiu preto de medio millón de euros, oferta un total de 41 prazas

Mos (Pontevedra), 29 de agosto de 2011.- Coa apertura de nova escola infantil de Mos Coto Torrón o total de novas prazas en centros 0-3 postos en funcionamento pola Consellería de Traballo e Benestar nos dous últimos anos na provincia de Pontevedra superou as 900. Nunha visita á nova escola infantil de Mos Coto Torrón, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, salientou o esforzo que o Goberno galego está a facer “en plena crise económica” na posta en marcha de novos centros para nenos e nenas de 0 a 3 anos, o que supón “unha mostra palpable do compromiso social deste Goberno”.

Na súa intervención, Beatriz Mato sinalou que en toda Galicia o total de prazas 0-3 postas en funcionamento nestes dous anos ascende a 2.100 e que o obxectivo é acadar ao final da lexislatura a ratio do 33 por cento que recomenda a Unión Europea, é dicir, 33 prazas públicas por cada 100 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Ao respecto, a responsable de Traballo e Benestar lembrou que a educación infantil na etapa de 0 a 3 anos non é obrigatoria, e que o que existen son recomendacións non vinculantes dirixidas a acadar esa ratio de cobertura.

Oferta na comarca

No marco destas aperturas de novos centros, Mato salientou tamén que na comarca de Vigo son máis de 200 as prazas postas en funcionamento nesta lexislatura, nas escolas de Soutomaior, Porriño, Vigo-Valadares e Mos. O novo centro 0-3 de Coto Torrón contou cun investimento total de máis de 480.000 euros por parte da Consellería de Traballo e Benestar. A obra comezou o pasado mes de decembro e consistiu na rehabilitación e acondicionamento dunha antiga escola infantil. A nova escola, que ten unha oferta de 41 prazas, entrou en funcionamento a finais do pasado mes de xuño. Con esa apertura, a Xunta duplicou a súa oferta 0-3 na localidade, onde xa estaba en funcionamento a Escola infantil A Porteliña, tamén de 41 prazas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: