A XUNTA DE GALICIA CONSENSUARÁ COS CONCELLOS, NOS VINDEIROS DOUS MESES, AS ALTERNATIVAS PARA GARANTIR E MELLORAR O ABASTECEMENTO DE VIGO

O conselleiro de Medio Ambiente fixa este prazo para analizar, dende o punto de vista ambiental e económico, as medidas á situación actual

  • Agustín Hernández salienta que as alternativas para mellorar o abastecemento deben ser admisibles ambientalmente e socialmente aceptadas
  • Sinala que a medida adoptada pola Xunta para garantir o abastecemento en Baiona, onde a situación é máis complicada, implicou desviar 134.000 m3 de auga do encoro de Zamáns, é dicir, de Vigo a Baiona
  • Cómpre recordar que Augas de Galicia inviste máis dun millón de euros para levar a cabo obras no encoro de Eiras, que beneficiarán directamente aos concellos de Fornelos de Montes e Pontecaldelas

Vigo, 29 de agosto de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou esta mañá que a Xunta de Galicia analizará, de forma conxunta cos concellos de Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Soutomaior e Vigo, as medias e alternativas que permitan mellorar a garantía de abastecemento para Vigo. Para acadar este obxectivo, o Executivo autonómico fíxase un prazo de dous meses para facer un diagnóstico e unha análise exhaustiva, sosegada e consensuada, e na que se teñan en conta todos os factores, tanto os ambientais como os económicos. Así, o puxo de manifesto o conselleiro Hernández, trás a reunión celebrada esta mañá na Delegación Territorial de Vigo, na que participaron os alcaldes de Vigo, Soutomaior e Ponte Caldelas, ademais da delegada territorial, Lucía Molares, e o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez.

 

Agustín Hernández sinalou que todas as alternativas que se presenten para mellorar a situación do abastecemento deben reunir dúas condicións básicas: admisibles ambientalmente e socialmente aceptadas, ao tempo que engadiu que non hai lugar para as improvisacións. Reiterou que as medidas que se leven a cabo serán aquelas que teñan o menor impacto nas zonas nas que se implanten e para os seus concellos; e as que inclúan no seu obxectivo primordial o garantir os servizos aos cidadáns. Dende a Goberno galego, apostase por estudar unha solución que permita suplementar a garantía e abastecemento do Encoro de Eiras con aportacións do río Verdugo. O conselleiro de Medio Ambiente lembrou que o Plan Director de Abastecemento a Vigo e o Plan Auga, elaborado pola Xunta, sinalan a necesidade de incrementar o nivel de ocupación do encoro. Os participantes na xuntaza de hoxe manifestaron o seu acordo unánime por incrementar, nos momentos de seca, o caudal do río Oitavén, a través dun trasvase do río Verdugo. A solución é definir o punto de captación e de entrega, cuestión que hai que analizar en función dos factores económicos (investimento e mantemento de infraestrutura), así como dos sociais e ambientais. Hernández insistiu en que agora, a cuestión estratéxica é fixar o punto de captación, aspecto que hai que identificar no seo dunha comisión técnica, que comezará a traballar de inmediato e na que estean representados as administracións autonómica e locais.

Verán en Vigo

O conselleiro de Medio Ambiente explicou que a situación rexistrada este verán no sistema de Eiras è similar à rexistrada nos anos 2005 e 2006, marcada por unha primavera moi seca (á máis seca dos últimos cincuenta anos) e unha ausencia das choivas,ao tempo que constitúe o segundo peor ano da súa historia (2003). Non obstante, a Xunta, consciente da situación que se podía rexistrar nos meses de verán, anticipouse dende o primeiro momento e adoptáronse medidas para garantir o subministro aos núcleos de poboación. Nese senso, a Consellería de Medio Ambiente valora os esforzos realizados polos concellos, por facer una xestión responsable e planificada, especialmente polo de Vigo, que permitiu a conexión en Baiona. Recordou que para garantir o abastecemento en Baiona, onde a situación é máis complicada, cóntase con subministros alternativos que toman auga do encoro de Zamáns, un feito que implicou desviar 134.000 m3 de auga de Vigo a Baiona, ata o día de hoxe. Por último, o conselleiro sinalou que no caso de Vigo coa poboación actual e coa previsión de futuro, non existe ningún problema de subministro e garántese o abastecemento deste recurso.

Mellora e automatización da presa de Eiras

Augas de Galicia vén de investir 1,3 millóns de euros para levar a cabo obras no encoro de Eiras, situado entre os concellos de Fornelos de Montes e Pontecaldelas. Esta actuación mellora o abastecemento a toda a área de Vigo.

A esta actuación hai que engadir os 7,3 millóns de euros da licitación para as obras de ampliación do abastecemento ao Morrazo dende Vigo e os 126 millóns de euros aprobados polo Consello da Xunta para a depurado de Vigo. Estas inversións ratifican o compromiso da Xunta de Galicia co abastecemento e saneamento da ría de Vigo.

 

Esta actuación no encoro de Eiras dota de teito á pasarela de acceso ao desaugadoiro de fondo, que consta de 27 metros de lonxitude, así como ao acceso ás válvulas de toma. A escaleira que leva á cuberta da caseta de válvulas foi substituída por unha escaleira metálica, reparando o firme de coroación e explanada. Tamén se realizou un tratamento de reparación das armaduras de formigón, aportando maior durabilidade. As obras tamén contemplaron a instalación de válvulas na saída actual dos condutos de desaugado e outras melloras na automatización e no telecontrol.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: