ECONOMÍA E INDUSTRIA CONVOCA AXUDAS DE ATÉ UN 70% PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DO COMERCIO DE PROXIMIDADE

  • Por primeira vez, os comerciantes, ao abeiro do Plan Ágora, poderán adquirir o material de forma directa nas empresas de informática que soliciten converterse en entidades colaboradoras
  • A Xunta facilita o acceso ás axudas de tal xeito que os comerciantes non terán que adiantar os cartos antes de percibir a subvención
  • A Consellería de Economía e Industria apoia con estas actuacións á dinamización e modernización do comercio galego de proximidade

Santiago, 29 de agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do Plan Ágora, agora RE-comercia, ten deseñado unha estratexia de apoio e impulso económico ao comercio de proximidade. Neste sentido a Xunta de Galicia está a levar a cabo diferentes accións para a promoción, dinamización e modernización deste eido comercial. A Consellería de Economía e Industria, ven de publicar no DOG a posta en marcha dunha novidosa orde pola que se regula o proceso de selección de empresas informáticas colaboradoras na xestión de subvencións para a potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías no comercio galego.

Deste xeito, a Xunta de Galicia financiará até o 70% do custe de adquisición por parte dos comerciantes de equipamento tecnolóxico, como ordenadores portátiles e de sobremesa, software de xestión, páxinas web comerciais, tpv e outros compoñentes informáticos. Na orde distínguense dúas fases de actuación: unha primeira, destinada as empresas informáticas que desexen solicitar ser entidades colaboradoras para ofertar os seus produtos e servizos aos comerciante, e unha segunda fase, na que se publica unha lista definitiva de empresas colaboradoras ao sistema de axudas. A partires desta segunda fase, como gran novidade da convocatoria, os comerciantes poderán adquirir por primeira vez o material informático de forma directa nas tendas das entidades colaboradoras, sen ter que adiantar os cartos antes de percibir a subvención. En canto a modalidade da orde é de concorrencia non competitiva, o que quere dicir, que as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes. Neste senso, un dos obxectivos da Consellería de Economía e Industria é a dinamización e revitalización dun sector comercial fortemente afectado pola crise actual e o seu achegamento á realidade tecnolóxica a prol da modernización e mellora da competitividade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: