MATO DESTACA QUE A XUNTA ESTÁ A INVESTIR ESTE ANO PRETO DUN MILLÓN DE EUROS NO EIDO SOCIAL EN REDONDELA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Redondela, onde se reuniu co alcalde, Javier Bas, para coñecer de primeira man as necesidades desta localidade
  • A titular do departamento autonómico resaltou que, en materia laboral, Traballo financiou este ano con 380.000 euros o programa de cooperación nesta localidade, o que supón un incremento de case o 52 por cento con respecto a 2010
  • Esta iniciativa permitirá neste concello a contratación de 43 persoas desempregadas, 16 máis que o exercicio anterior

Redondela (Pontevedra), 29 de agosto de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar está a investir preto dun millón de euros este ano en materia social no concello de Redondela. Así o confirmou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, no transcurso dunha visita institucional que realizou a esta localidade pontevedresa, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Javier Bas. En concreto, a conselleira indicou que anualmente destínanse 900.000 euros ao concerto de 55 prazas no centro de Aldeas Infantís SOS Redondela. Así mesmo, Mato anunciou que o Concello recibirá nas próximas semanas, a través do coñecido como Plan Concertado, preto de 130.000 euros para financiar o servizo de axuda no fogar dirixido a persoas dependentes. Neste eido, ademais, lembrou que a Xunta está a construír en Cesantes un centro de día e residencial que conta cun investimento de 1,7 millóns de euros e ofertará un total de 51 prazas, 30 de día e 21 residenciais. Por outra banda, Mato referiuse á colaboración institucional que a Xunta mantén con Redondela no ámbito laboral. Neste eido, destacou que a localidade recibiu este ano máis de 472.000 euros, dos que fixo fincapé nos 380.000 euros que xa dispón o Concello para a contratación de persoas desempregadas a través do programa de cooperación. En concreto, a Consellería de Traballo e Benestar incrementou este ano a axuda nun 51,7 por cento con respecto a 2010. Este aumento permitirá á Administración local contratar a 43 traballadores e traballadoras, 16 máis que o exercicio anterior. Estas persoas levarán a cabo, entre outras actuacións, o arranxo de fontes e lavadoiros, limpeza de praias, reforzo de vías e tarefas de coordinación no eido do voluntariado. Tamén contrataranse a 12 persoas para o Grumir e 11 traballadores de salvamento marítimo. Por último, a conselleira recalcou que a Xunta seguirá a avanzar e apostar pola colaboración que na actualidade existe co Concello de Redondela. “A nosa cooperación é real e amósase nas diferentes liñas de axudas que temos abertas con esta localidade tanto no eido social como no laboral”, concluíu

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: