A Federación Veciñal propón limitar a suba das taxas municipais ao incremento dos salarios (1,41%).

  • A FAVEC ven de remitir ao Goberno Municipal e aos grupos municipais do BNG e do PP, unha serie de propostas a respecto das taxas municipais.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” defende que o incremento das taxas e impostos municipais non supere o incremento promedio dos salarios, que no ano 2010 en Galiza foi do 1,41%. Como mínimo propoñen que esta restrición se aplique no IBI, lixo, taxas por emisión de documentos municipais, rodaxe, recibo do auga, e taxas do IMD e Vigozoo. Así se recolle no documento de “Propostas do movemento veciñal de Vigo a respecto das taxas e impostos municipais do 2012” que veñen de remitir ao Goberno Municipal e aos grupos municipais do BNG e do PP. Con esta proposición pretenden evitar que o incremento das taxas supoña a perda de poder adquisitivo da veciñanza. “No actual contexto de crise entendemos que non se debe incrementar a presión fiscal sobre a maioría social, que representan na nosa cidade as familias asalariadas” explican.

MÁIS BONIFICACIÓNS E DESCONTOS PARA AS FAMILIAS EN DIFICULTADES

Outra das demandas da FAVEC é que se implementen novas bonificacións ou descontos nas taxas para as familias sen ningunha fonte de ingresos durante como mínimo 6 meses, para as que dependan economicamente de desempregadas/os de longa duración e para aquelas que teñan rendas inferiores ao dobre do Salario Mínimo Interprofesional. Proposta orientada, segundo sinalan, a “favorecer unha mínima progresividade tamén no pagamento das taxas”. Así mesmo desde a federación avogan por que se posibiliten novas fórmulas de pago frqccionado e posíbeis moratorias na execución impositiva para facilitar o pagamento.

MODIFICAR O RECIBO DA AUGA.

Por último reiteran a histórica reivindicación do movemento veciñal vigués de que se modifique o recibo da auga. Propoñen a redución o mínimo de metros cúbicos por vivenda e un sistema tarifario progresivo por tramos consecutivos, que favoreza o consumo responsábel.

XUNTANZA CO CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ Esta mañá unha delegación da Comisión Permanente reuniuse co Concelleiro de Participación Cidadá. A xuntanza que se celebrou por espazo de 40 minutos nun ambiente distendido de ‘marcada cordialidade e vontade de colaboración’, dedicouse por completo á Festa Veciñal, que como cada ano organizará a FAVEC. Santos Hector trasladoulle a súa vontade e a do Alcalde de colaborar economicamente na organización deste importante evento anual, tal e como xa fixeran o pasado anos, ficando pendente de concretizarse esa colaboración nos vindeiros días. Por parte da Federación Veciñal agradeceuse a vontade de colaboración do goberno municipal, e manifestáronlle ao Concelleiro de Participación Cidadá o desexo do colectivo veciñal de que a xuntanza que teñen solicitada co Alcalde desde mediados de xullo teña lugar á maior brevidade.

REITERAN A SÚA OPOSICIÓN A NOVOS TRASVASES

A preguntas dos medios de comunicación, ao remate da xuntanza co Concelleiro, a Presidenta da FAVEC, María Pérez volveu reiterar a oposición do movemento veciñal de Vigo á posibilidade de que se realicen novos trasvases ou presas. “A Asemblea da Federación rexeitou por unanimidade eses proxectos polo seu impacto ambiental e a nosa posición é firme” asegurou. A Federación Veciñal insistiu, como varias semanas atrás, en que a solución pasa por unha nova cultura da auga que se asente na racionalización do consumo, tanto municipal, industrial como doméstico.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: