COMUNICADO DE PRENSA Concejala Raquel Díaz – Vigo
Vigo, 31 de agosto de 2011.– En referencias as declaracións realizadas no día de onte polo grupo municipal do PP a concelleira de Educación, Raquel Díaz, quere aclarar que o actual Goberno municipal xa se reuniu no que vai de verán coas ANPAS e os directores de diversos centros educativos da cidade, sendo a educación é un dos eixos da súa xestión. Respecto ás críticas verquidas polo PP pola convocatoria do Consello Escolar Municipal a concelleira lémbralles que a actual Corporación tomou posesión a mediados de xuño, rematando o curso escolar a finais dese mesmo mes, polo que non houbo tempo para convocar ese organismo.
Non obstante Raquel Díaz avanzou que convocará con brevidade ao Consello porque é preciso tratar nel, entre outros, decisións que ven de tomar a Xunta que preocupan moito a este Goberno Municipal e á cidadanía como as reducións previstas no transporte escolar, a diminución do profesorado ou a supresión das bolsas de inglés en Vigo. Parece que ao PP o que lle gustaría sería que o goberno municipal convocara un Consello clandestino, en vacacións, e sen que asistira ninguén.
Raquel Díaz
Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Educación