Noticias Ayuntamiento de Vigo 31-08-11


Caballero anuncia máis de 4.000 prazas no programa municipal de escolas deportivas e “maior apoio” aos clubs de base

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente do IMD, Manel Fernández, presentaron hoxe o programa municipal de escolas deportivas no pavillón das Travesas ante unha ampla representación dos clubs, técnicos e ata deportistas do programa de formación. Na pista central do IMD das Travesas, o rexedor anunciou a apertura en setembro dos prazos para a inscrición nun programa que tamén incorpora este ano o baile deportivo entre a súa gran oferta.

 


O alcalde compromete a continuidade do apoio económico do Concello ás actividades de Érguete

As actividades desenvolvidas por Érguete na loita contra a drogodependencia seguirán contando co apoio do Concello. Así o asegurou hoxe martes o alcalde, logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Fundación, Carmen Avendaño.

 

O programa “Camiño a camiño” oferta 260 prazas para o mes de setembro

Neste vindeiro mes de setembro o “Camiño a Camiño” levarase a cabo nas Illas Cíes en dúas quendas, de luns a venres e a fin de semana. A novidade desta edición é que os maiores de idade poderán participar en diversas actividades de conservación do Parque Nacional. O prazo de inscrición comezou o pasado luns 29 e, en total, ofértanse 260 prazas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: