LONXA DE CANGAS CONTARÁ CON SUBMINISTRO ELÉCTRICO QUE PERMITA A SÚA POSTA EN FUNCIONAMENTO NAS PRÓXIMAS SEMANAS

O presidente de Portos de Galicia explicou o punto de tramitación no que se atopa esta actuación nunha visita esta mañá ao municipio

  • José Juan Durán informou dunha proposta de ordenación do tráfico de acceso á zona portuaria

Santiago, 1 de setembro de 2011.- A lonxa de Cangas contará con subministro eléctrico nas próximas semanas. Así o avanzou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita esta mañá ao municipio na que explicou que o enganche á rede eléctrica atópase actualmente en fase de exposición pública da actuación e que, unha vez superado este trámite, a infraestrutura construida pola Consellería do Mar poderá entrar en funcionamento.  Portos de Galicia rematou a principios do verán as obras para a canalización da rede eléctrica ata a lonxa, de xeito que puidese subministrarse luz ao edificio e, agora, está pendente de recibir a confirmación final do engache da compañía eléctrica. Dende o ente público estímase que a principios do vindeiro mes de outubro poida estar xa en funcionamento a liña eléctrica e, polo tanto, entrar en servizo a lonxa. Na súa visita a Cangas, José Juan Durán informou tamén dun proxecto de ordenación do tráfico de acceso á zona portuaria. O ente público está a traballar nunha mellora dos accesos á lonxa, o porto pesqueiro e as instalacións náutico recreativas. Deste xeito alixeirase o tráfico pesado. Finalmente, o presidente de Portos de Galicia visitou o porto de Aldán. Alí anunciou que o seu departamento contratará nos próximos días a redacción do proxecto de remodelación da lonxa coa inclusión de departamentos para os usuarios.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: