FIGUEROA AFIRMA QUE O DESTINO TURÍSTICO DAS RÍAS BAIXAS RESISTIU Á CRISE PERANTE O MES DE AGOSTO CUNHA OCUPACIÓN DO 76,68%

O vicepresi ente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, asegurou hoxe que o Destino Turismo Rías Baixas “resistiu a crise perante o mes de agosto, cunha ocupación do 76,68%”. Segundo informou, a previsión estimada de ocupación era de entre o 65 e o 70% polo que dixo “están superadas as previsións, aínda que cun lixeiro descenso en relación a agosto do 2010 que  recordou era ano Xacobeo”.
Á espera de realizar un balance completo de todo o verán, Figueroa adiantou debemos estar en torno ós 3 millóns de pernoctacións e un millón de visitantes.
José Manuel Figueroa afirmou que dente Turismo Rías Baixas “estamos razoablemente satisfeitos xa que aínda que os resultados de Xullo non foron os esperados debido ó mal tempo e á crise, perante o mes de agosto se cumpriron os obxectivos”. Así, para Figueroa “o mes de agosto compensou ó mes de xullo que tivo unha ocupación do 53,76% cun descenso do 13% con respecto ó 2010”. Comparativamente, apuntou o responsable de Turismo, “o mes de agosto supera en 23 puntos o mes de xullo”; e rexistrou unha ocupación total na ponte do 12 ó 15 de agosto”.
Os comportamentos de todas as zonas turísticas son moi positivos, afirmou Figueroa, polo que consideramos “ás Rías Baixas como un destino de calidade consolidando que vamos a seguir potenciando”. Precisamente, o presidente de Turismo Rías Baixas considera que as campañas de promoción e proximidade realizadas en colaboración con Anfaco e coa DO Rías Baixas deron un resultado moi positivo.
Finalmente, Figueroa deu a coñecer o perfil do turismo nacional que está en torno ó 92% ( principalmente de Madrid Valencia Biscaia, Barcelona e Valladolid) e do internacional que chega ó 7,57% ( Francia e Reino Unido maioritariamente).
O gasto medio oscilou entre os 50 e os 90€ e a estancia media tamén baixa respecto a 2010. Asemade, o sistema de reserva dos actual é de última hora.
Segundo Figueroa, de cara ó mes de setembro prevese unha alta ocupación no turismo rural.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: