MÁIS DE 9.300 MOZOS PARTICIPARON ESTE VERÁN NOS CAMPAMENTOS E CAMPOS DE TRABALLO DE XUVENTUDE

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, fixo un balance “moi positivo” destes campamentos cunha oferta “de gran calidade e interese”
Un total de 15 asociacións e 18 concellos participaron este verán na oferta de prazas concertadas nas instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar
Santiago, 2 de setembro de 2011.- Máis de 9.300 mozos e mozas participaron este ano nos campos de traballo e campamentos organizados no marco da Campaña de Verán posta en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e que permitiu a contratación de mais dun millar de mozos e mozas como monitores de tempo libre.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, fixo un balance “moi positivo” destes campamentos, nos que o departamento investiu 3,2 millóns de euros, cunha oferta “de gran calidade, orientadas á educación non formal en valores e habilidades de interese” dividida en campamentos para menores de 18 anos, actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo. Ademais, reserváronse prazas para descendentes de galegos e galegas residentes no exterior e para persoas discapacitadas, menores tutelados pola Xunta e fillos e fillas de vítimas da violencia de xénero.
Nos campamentos dirixidos a menores de 18 anos ofertáronse prazas tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas (País Vasco, Aragón, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Murcia, Navarra, e A Rioxa) cun programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo e formativo, aloxamento no albergue, residencia o campamento xuvenil, así como manutención en réxime de pensión completa, atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Por outra banda, 15 asociacións e 18 concellos participaron este verán na oferta de prazas concertadas nas instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. As prazas distribuíronse nas catro provincias galegas en quendas de oito, doce ou quince días.
Ademais, a campaña de verán da Xunta tamén incluíu actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo. A programación de actividades para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos inclúe deportes de multiaventura, náuticos, rutas en kaiak e en embarcacións tradicionais e fins de semana nas Illas Cíes.
Este ano foron de temática ambiental, social, arqueolóxica e de dinamización social. Así, por exemplo, recuperáronse muíños, colaborouse con asociacións de alzheimer e de discapacidade para a posta en marcha de actividades de lecer e tempo libre e púxose en valor o castro de Herbogo en Rois, entre outras accións.
Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia, como a residentes noutras comunidades autónomas e en países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur e Xapón, así como a voluntarios procedentes da Galicia exterior.
Os mozos e mozas galegos, ademais, puideron asistir a actividades organizadas noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, en países como República Checa, Finlandia, México o Taiwan.
Doutra banda, seis concellos da comarca do Condado-Paranta subscribiron un convenio de colaboración para o financiamento e a realización conxunta de actividades xuvenís dirixidas aos nenos e nenas da comarca. Trátase da primeira vez que se asina un convenio destas características e que permitirá a colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude.
Neste senso, a Dirección Xeral e os concellos desenvolverán un campamento náutico e medioambiental no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña), enmarcado dentro do programa de dinamización destas instalacións de Xuventude, fóra dos meses de xullo e agosto.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon a disposición de concellos e asociacións estas instalacións que xestiona para o desenvolvemento das súas actividades de setembro ata xuño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: