Noticias Ayuntamiento de Vigo 02-09-11


O rexedor destaca a mellora que experimentou o contorno do Centro Comercial Coia IV

Abel Caballero visitou hoxe venres as obras de remodelación do Centro Comercial Coia IV, nas que o Concello investiu 100.000 euros, “nunha zona comercial que abastece a unha zona de poboación moi importante”. O rexedor enmarcou estas obras nas humanizacións das rúas adxacentes acometidas no anterior mandato e nas que o Concello investiu 7,8 millóns de euros. Avanzou, asimesmo, que a Xunta de Goberno deu luz verde, por un importe de 125.000 euros, ás obras de remodelación dun tramo da rúa Castelao que quedara pendente de humanizar.

 


O Concello saca a concurso a contratación do servizo 010 de información cidadá

A contratación do servizo de información cidadá 010 foi un dos temas aprobados hoxe venres na Xunta de Goberno Local. Xunto a el, indicou o alcalde, tamén recibiron luz verde á cesión dunha vivenda municipal á unha muller vítima dos malos tratos ou á contratación do Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia.

 


O Goberno municipal aporta 55.000 euros para a xestión do Centro Cívico de Teis

Abel Caballero asinou hoxe venres un convenio con responsables da Asociación de Veciños de Teis para sufragar o funcionamento do Centro Cívico. O Concello asume a contratación do persoal, incluído o auditorio, cunha aportación de 55.000 euros, cantidade á que hai que sumar as subvencións que como asociación lles corresponde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: