PARO AUMENTOU EN 1.582 PERSOAS EN AGOSTO, UN INCREMENTO DO 0,71% QUE MANTÉN A GALICIA CUN MELLOR COMPORTAMENTO FRONTE AO ESTADO

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, valorou este dato que sitúa a Galicia en termos relativos como a terceira comunidade autónoma onde menos sube o paro rexistrado
En España a media do aumento do paro rexistrado foi do 1,25 por cento, fronte ao 0,71 por cento da comunidade autónoma
Explicou que agosto acostuma a ser un mes no que o paro rexistrado aumenta polo cese dos contratos estivais, aínda que subliñou que o incremento deste mes de agosto é inferior ao dos últimos tres anos
Destacou que o aumento do paro, na evolución interanual continúa a súa redución, o que vén a confirmar a contención da destrución de emprego
Por sectores, o desemprego baixou na agricultura e pesca nun -2,01 por cento e no colectivo sen emprego anterior nun -0,61%
Santiago, 2 de setembro de 2011.- Galicia pechou o pasado mes de agosto con 224.582 persoas desempregadas, o que supón 1.582 parados máis con respecto ao mes de xullo. En termos porcentuais supón un incremento do 0,71 por cento que mantén a Galicia cun mellor comportamento fronte ao Estado.
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, valorou esta cifra, destacando que “agosto acostuma a ser un mes no que o paro rexistrado soe aumentar polo cese dos contratos estivais”. De todos modos, indicou que “o incremento deste mes de agosto é inferior ao dos últimos tres anos”. De xullo a agosto de 2008 o incremento situouse en 3.119 persoas desempregadas; de xullo a agosto de 2009 aumentou en 2.382 persoas; de xullo a agosto de 2010 en 1.743; e de xullo a agosto deste ano en 1.582.
Con respecto aos datos estatais, Díaz López destacou que Galicia foi no mes de agosto a terceira comunidade autónoma onde menos aumenta o paro en termos relativos.
Ademais, a media de incremento de Galicia sitúase por debaixo da media do Estado, xa que en España a media do aumento foi do 1,25 por cento, fronte ao 0,71 por cento de Galicia. En termos absolutos, o aumento do paro no Estado supón un total de 51.185 persoas desempregadas máis, o que sitúa o desemprego en 4.130.927 persoas.
Díaz López afirmou tamén que aínda que “temos que ser prudentes, o dato da evolución anual e o interanual veñen a confirmar a contención na destrución de emprego”. En concreto, apuntou que no que vai de ano o paro diminuíu en 12.731 persoas, o que representa en valores porcentuais un descenso do 5,36 por cento.
No que se refire a termos interanuais, o número de persoas desempregadas aumentou en Galicia en 13.050 persoas, o que supón unha porcentaxe do 6,17 por cento desde agosto de 2010 a agosto de 2011. De agosto de 2009 a agosto de 2010 o incremento foi de 16.291 persoas.
O desemprego neste mes de agosto baixou no sector da agricultura e pesca con 117 persoas desempregadas menos (-2,01%) e no colectivo sen emprego anterior con 162 parados menos (-0,61%).
O paro rexistrado subiu en todas as provincias menos en Ourense onde descendeu en 187 persoas. Na provincia da Coruña o paro rexistrado ascendeu en 1.230 persoas, en 305 en Lugo e 234 en Pontevedra.
Na evolución dos contratos, rexistráronse en Galicia no mes de agosto un total de 59.850 contratos. Deste total, 3.850 foron indefinidos (6,43 por cento) e 56.000 temporais (93,57%).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: