11.000 persoas en só dous días – Festiclown Palestina

Éxito nos dous primeiros días do I Festiclown Palestina Máis de 11.000 persoas participaron na apertura e no segundo día deste evento en Nablu
O festival comezou o xoves 1 e dura ata 15 de setembro en varias cidades palestinas

Neste link poden baixarse imaxes de todos os días do festival,
Actualizaremos diariamente:

http://www.lacosta.cat/ca/premsa/i-festiclown-palestina/

—————————————————————————————————————–

Este xoves día 1 comezou en Nablus a primeira xornada do “I Festiclown Palestina” e a asistencia de público tíldao de “éxito total”. A esta primeira noite asistiron máis de 5.000 persoas e o venres, segundo día do certame, xa se contabilizaron máis de 6.000 asistentes, o que fai intuír que este bo arranque será a tónica que marcará o resto de xornadas ata o seu final, o próximo día 15 en Ramala.
Nesta primeira noite o público coreou o lema do festival “Artist against the wall” e vibraron xuntos ao ritmo da canción “Mashi traxi que traxi”, que xa é un selo inconfundible dos festiclowns no mundo.

Xa no segundo día da cita co mundo do clown e a risa, os artistas actuaron no Jamal Auditorio de Nablus e antes levaron a cabo actuacións nun campo de refuxiados en Balata e nas Escolas dos Mártires da mesma cidade.
Durante a primeira gala Iván Prado, director do festival, lanzou unhas palabras emotivas ao público asistente e que resumimos a continuación: “Vimos traervos unha mensaxe ao pobo palestino en nome de todos os pallasos do mundo: non estades sós/as. E máis pronto que tarde, coa unión de todos os pobos do mundo, construiremos a liberdade en Palestina para que os nenos e as nenas teñan dereito a rir libremente cada un dos días da súa vida”.
A primeira edición de Festiclown Palestina, o primeiro Festival Internacional de Clown que se celebra no país, está organizada pola asociación cultural e de cooperación internacional Pallasos en Rebeldía e conta coa colaboración de varias institucións españolas e palestinas.
Festiclown é un festival de circo, clown e risoterapia que, durante dúas semanas, leva actuacións de 20 compañías internacionais (España, Arxentina, Chile, Estados Unidos, Portugal”) e varias compañías e artistas palestinos ás rúas de varias cidades palestinas (Jerusalem, Ramala e Nablus) e diferentes campos de refuxiados.

A nivel internacional, o festival conta coa participación de artistas da talla de Leo Bassi, Patch Adams, Circ Bover, Mago Teto, Peter Punk, Javichi, Kambahiota Trup, La Poet Compagnie ou La Bandita Alegre, entre moitos outros. E a nivel local participan no festival Palestinian Circus School, que desde 2006 traballa para desenvolver o potencial creativo de mozos palestinos e crear unha nova forma de expresión cultural. Tamén contamos co grupo de circo de Nablus, Assirk Assaghir (Pequeno circo) e a excepcional participación de varios pallasos que fan rir cada día a nenos e non tan nenos nos hospitais de Xerusalén.

CIUDADES

Do 1 ao 4 de setembro: NABLUS

Do 5 ao 9 de setembro: JERUSALEM

Do 9 ao 11 de setembro: RAMALA

Do 12 ao 15 de setembro: “Formaclown” en Ramala e Nablus (obradoiros, actuacións en campos de refuxiados, hospitais …)

ENLACES DE INTERESE

www.festiclownpalestina.org

http://www.pallasosenrebeldia.org

http://www.festiclown.org

http://www.culturactiva.org

Tráiler do documental da expedición de Pallasos en Rebeldía a Palestina

http://www.youtube.com/watch”v=h9peLkuhRuo

 

Libro e DVD editado para recadar fondos:

http://issuu.com/perla28/docs/mashi”viewMode=magazine

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: