CASE 14.800 ESTUDANTES E PROFESORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA MELLORARÁN AS COMPETENCIAS EN IDIOMAS NO CURSO 2011/2012 A TRAVÉS DO PLAN DE POTENCIACIÓN DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

  • A estratexia de fomento do plurilingüismo desenvolvida pola Consellería de Educación supera xa o número de cidadáns beneficiados previstos para o final da lexislatura
  • No segundo curso de aplicación do Plan haberá 36 centros plurilingües e 677 seccións bilingües na provincia

Pontevedra, 3 de setembro de 2011.- Case 14.800 estudantes e profesores da provincia de Pontevedra poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012 a través das ensinanzas impartidas nos colexios integrados na Rede Galega de Centros Plurilingües e nas seccións bilingües. Deste xeito a Consellería de Educación reforza as actuación enmarcadas no Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, cuxas previsións de cidadáns beneficiados xa se viron superadas: dos 40.000 previstos inicialmente para toda a lexislatura aos 40.800 que van participar deste plan en toda Galicia no curso 2011/2012. Unha vez analizadas todas as solicitudes, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza para este curso o funcionamento de 52 novos centros plurilingües, co que a Rede Galega de Centros Plurilingües quedará conformada por un total de 110 colexios e institutos. Deles, 36 pertencen á provincia de Pontevedra, 21 de nova incorporación para este curso que comeza, que se unen aos 15 que xa funcionaron como tal no 2010/2011. Respecto da distribución por cidades, Pontevedra contará con 2 centros plurilingües, e Vigo con 15, todos eles con cadanseu auxiliar de conversa asignado. Así, o vindeiro curso 2.610 estudantes e 54 profesores da provincia participarán a diario das actividades de mellora das competencias en linguas estranxeiras desenvolvidas na Rede Galega de Centros Plurilingües

Seccións bilingües

Doutra banda, Pontevedra contará este curso con 142 das 344 novas seccións bilingües autorizadas. Deste xeito, un total de 11.838 alumnos e 271 profesores beneficiaranse do reforzo no ensino de idiomas que supoñen as 677 seccións bilingües que funcionarán nos colexios e institutos da provincia durante o ano académico 2011/2012. Nos vindeiros días poderase consultar a relacións de centros participantes nestas dúas actuacións na web da Consellería de Educación, http://www.edu.xunta.es/web/

Apoio nativo

Para apoiar ao ensino das linguas estranxeiras a Consellería de Educación incorporará un total de 361 auxiliares de conversa nativos, que desenvolverán o seu labor en centros plurilingües públicos, seccións bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas de toda Galicia. Deles, 18 serán sénior, mestres xubilados de países de fala inglesa que desempeñan a función de apoio á aprendizaxe en colexios e institutos do rural. Ademais este curso incorporaranse ao sistema educativo galego 3 profesores estadounidenses visitantes, que prestarán o seu apoio ao ensino do inglés en centros educativos galegos durante todo o ano académico. Doutra banda, disporase de 1 profesor de lingua francesa a tempo completo, froito do convenio de colaboración entre a Consellería e a Academie de Amiens. Con estas actuacións a Consellería de Educación continúa a impulsar o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, unha iniciativa de impulso do plurilingüismo que senta as súas bases na mellora das competencias das galegas e os galegos en outros idiomas, independentemente do seu lugar de residencia e dos seus recursos económicos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: