DESTACADOS XORNALISTAS E XURISTAS ANALIZARÁN NO FORO DE COMUNICACIÓN DA ILLA DO PENSAMENTO A FUNCIÓN SOCIAL DA INFORMACIÓN

O encontro celebrarase entre os días 7 e 9 de setembro e contará coa participación do ministro Francisco Caamaño, o xuíz José Antonio Vázquez Taín e xornalistas como Damián Loretti, Francisco Campos, Ignacio Bel, Antón Losada ou Enric González.

Durante o transcurso das xornadas presentarase o informe sobre a situación laboral dos xornalistas galegos.

O foro será retransmitido por streaming a través do canal San Simón TV www.fundacionilladesansimon.org e tamén se realizará un completo seguimento en twitter baixo a etiqueta #xornalistas.

San Simón-Redondela (Pontevedra), 3 de setembro de 2011.- A Illa de San Simón, a Illa do Pensamento, acollerá entre os días 7 e 9 de setembro de 2011 a segunda edición do Foro Internacional de Comunicación Social, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Fundación Illa de San Simón.

A Función Social de Informar: límites e garantías, será o tema central do encontro, que reunirá a destacados profesionais como Damián Loretti, José Sanclemente, Francisco Campos, Ramón Lobo, Rosa María Artal, Fermín Bouza, Ignacio Bel, Antón Losada o Enric González, así como ao xuíz José Antonio Vázquez Taín ou o ministro Francisco Caamaño. Neste mesmo marco presentarase o informe sobre a situación laboral dos xornalistas galegos, realizado polo Colexio de Xornalistas e coordinado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Miguel Túñez. Ao longo das xornadas vanse desenvolver cinco paneis enmarcados nos seguintes epígrafes: Prensa e Cidadanía: Autorregulación ou Lei de Garantías?; Concentración de Medios e acceso á Información; A deriva do Xornalismo. De #sen preguntas non hai cobertura ao #15M; Administracións e Información. A Lei de Transparencia Informativa; Os Colexios Profesionais. Estas mesas de debate completaranse coa participación tanto de profesionais dos medios de comunicación como de representantes de diversas organizacións profesionais e expertos de varias universidades españolas e latinoamericanas. O encontro será retransmitido por streaming a través do canal San Simón TV, ao que se pode acceder a través da páxina web da Fundación Illa de San Simón www.illadesansimon.org. Tamén se realizará un completo seguimento en Twitter, desde as contas @illasansimon e @xornalistas, a través da etiqueta #xornalistas. Este encontro, ao igual que a primeira edición, enmárcase no convenio asinado en xullo de 2010 polo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, e o director-xerente da Fundación Illa de San Simón, Francisco Javier Alonso, para o desenvolvemento de accións conxuntas no marco do concepto Illa do Pensamento. Un concepto que aglutina o proxecto integral para o arquipélago nunha nova etapa na que estamos aproveitando a vocación marítima, a carga histórica, o valor patrimonial e a riqueza paisaxística da Illa de San Simón para edificar un laboratorio de ideas con proxección globalizadora, vocación interdisciplinar e unha nova identidade na que o pensamento creativo, máxico, artístico e crítico ilumina todas as actividades e accións que se están levando a cabo nesta illa. Neste marco celebrouse o I Foro Internacional sobre Comunicación Social que tivo lugar, baixo o lema Presente e Futuro da figura profesional do Xornalista, en decembro de 2010, e que quedou sintetizado na Declaración de San Simón, un documento no que se recollen as principais consideracións finais a respecto dos diferentes temas que centraron os debates e os paneis desenvolvidos ao longo das sesións de traballo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “DESTACADOS XORNALISTAS E XURISTAS ANALIZARÁN NO FORO DE COMUNICACIÓN DA ILLA DO PENSAMENTO A FUNCIÓN SOCIAL DA INFORMACIÓN”

  1. Rich dice :

    Webmaster, I am the admin at SEOPlugins.org. We profile SEO Plugins for WordPress blogs for on-site and off-site SEO. I’d like to invite you to check out our recent profile for a pretty amazing plugin which can double or triple traffic for a Worpdress blog. You can delete this comment, I didn’t want to comment on your blog, just wanted to drop you a personal message. Thanks, Rich

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: