holy piby en Bueu, Sala Aturuxo, Domingo 4

O reggae dos arxentinos Holy Piby, O proximo Domingo, na Sala Aturuxo de Bueu!
A Asociación Minho Reggae retoma a actividade logo do verán co concerto, este
Domingo, dos Holy Piby, unha das bandas máis importantes da Arxentina, con tres discos
gravados e milleiros de copias vendidas en todo o mundo.
Son sete e fusionan o reggae, co funk, o soul e o dub cun estilo moi persoal con influencias da música negra de raíz que se move entre o rock, o soul e o jazz. Os Holy Piby chegan a Galicia con novo traballo, “Sólo Imaginación”, o seu terceiro disco que por primeira vez, presentarán en Europa nunha xira que abrirán na sala viguesa la Iguana, o un de setembro, e que os levará o venres até a Coruña, o sábado ao XI Foundation Reggae Festival, e o domingo ao Aturuxo en Bueu. Os arxentinos continuarán a súa xira por Burgos, Barcelona, Madrid e Vitoria. Unha oportunidade única para coñecer e gozar coa música que se fai ao outro lado do Atlántico e que esta banda presenta desde o 2003, data da súa formación. Un ano despois, os Holy Piby, publicaron o seu debut, “Hot Neighborhood”, co que venderon máis de 3.000 copias en Arxentina e que os converteu na banda revelación do momento no seu país. Un éxito que continuaron co seu seguinte traballo, o “Álbum Verde”, unha homenaxe en clave de reggae dos Beatles, xunto a outros artistas, que lle abriu as portas a un público máis amplo. No 2007, publicaron “Is Coming”, o seu segundo disco orixinal. Agora, os Holy Piby, chegan a Galicia con novo traballo, o terceiro, “Sólo Imaginación”, da man da Asociación Minho Reggae, que continúa promovendo e apostando por grupos da escena reggae internacional. Neste caso unha banda con case unha década de traxectoria, tres discos,  milleiros de seguidores e colaboracións con grandes como os Skatalites, Gregory Isaacs, Steel Pulse ou Groundation, que abalan a súa calidade. A Ultima parada desta xira Galega será este Domingo, ás 22.00, na sala “Aturuxo” de Bueu. O custe da entrada é de sete euros, adiantada (www.laboleteria.es), e dez na billeteira.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “holy piby en Bueu, Sala Aturuxo, Domingo 4”

  1. Cindie Hirtz dice :

    Interesante post! Muchas gracias.

  2. Towanda Bozak dice :

    Great post! Thanks a lot.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: