Cumio político en Viana en vésperas da reunión dos ministros español e portugués que tomaran a decisión sobre as conexións ferroviarias ibéricas

O Sub eixo Vigo-Miño-Porto ten unha poboación similar a da área metropolitana de Lisboa, 2 millóns de habitantes, polo que reclaman investimentos similares para dispor de conexións ferroviarias de calidade

Vigo, 4 de setembro de 2011. O Presidente da Cámara Municipal de Viana , e membro da Comisión Executiva do Eixo Atlántico , Jose Maria da Costa convocou ós responsables políticos e empresariais do sub eixo Vigo-Porto, a unha reunión que se celebrará o vindeiro dia 12 de setembro, en Viana do Castelo.

Este cumio político terá lugar apenas uns días antes da reunión prevista para mediados de mes, entre os ministros responsables dos transportes e das obras publicas de España e Portugal, na que se tomara a decisión definitiva sobre as conexións ferroviarias entre ambos países.

Ó Cumio están invitados os alcaldes de Porto, Barcelos, Caminha, A Guarda, Vila Nova da Cerveira, Tomiño, Valença, Tui, Porriño e Vigo ; os presidentes das organización empresariais de Pontevedra , Porto e Minho; a Deputación de Pontevedra, a Consellería de MATI da Xunta de Galicia e a CCDRN de Portugal.

As entidades invitadas (a maior parte das cales confirmaron asistencia nada mais recibir a invitación o que demostra a oportunidade e o interese que suscita a convocatoria) representan unha poboación de DOUS MILLONS DE HABITANTES , no sub eixo do Miño, entre Vigo e Porto. O número de habitantes, que é a mesma que ten a área metropolitana de Lisboa, implica, en opinión dos convocantes, que teñen dereito a un nivel similar de investimentos para o desenvolvemento, e como mínimo dispor dunha conexión ferroviaria de calidade. O Eixo Atlántico, non só garantiza a loxística da convocatoria, senón tamén a conexión dos intereses deste sub eixo, co conxunto da eurorrexión, que deste xeito contara con unha conexión Galicia-Norte de Portugal- Lisboa, en parámetros competitivos.

Si ben o obxectivo do AVE é irrenunciable, a posición de pragmatismo adoptada polo Eixo Atlántico na ultima reunión da Comisión Executiva, ante a evidencia de que as obras do AVE continuaran conxeladas en Portugal pola situación económica do país, conleva que a modernización da liña do Miño, segundo obxectivo tras o AVE, pase o primeiro plano do debate político e dos obxectivos do Eixo Atlántico. Esta modernización posibilitaría unha conexión competitiva entre Porto e Vigo, en torno ós 75 minutos, continuando ate Lisboa nun tempo estimado de 4 horas. Asemade, a convivencia de liñas semidireitas, con liñas que pararan nas estacións intermedias menores, convertería a liña na columna vertebral da mobilidade estrutural no Miño. Todo este proceso de modernización e electrificación ten un custe estimado de 100 millóns de euros e un prazo de execución inferior aos tres anos. Por tanto posibilitaría destinar a esta obra unha oitava parte dos 800 millóns de euros, que a Comisión Europea adxudicou á conexión ferroviaria entre Porto e Vigo, e que non poden ser reprogramadas, polo que se perderán si non se gastan antes do 31 de decembro de 2014.

Todos estes datos, que xa se fixeron públicos, obran en poder do goberno portugués dende a recente reunión do Eixo Atlántico co secretario de estado portugués. O obxecto do cumio é trasladar esta situación aos primeiros ministros de Portugal e de España antes da reunión dos seus responsables prevista para mediados deste mes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: