MÁIS DE 700 PONTEVEDRESAS CHAMARON AO TELÉFONO DE INFORMACIÓN Á MULLER NO PRIMEIRO SEMESTRE

No conxunto de Galicia, utilizaron este servizo 2.086 persoas, das que máis da metade teñen entre 45 e 65 anos.
As consultas máis frecuentes están relacionadas coa atención psicolóxica, recursos existentes  e orientación xurídica.
Santiago, 4 de setembro de 2011.-  Un total de 755 persoas residentes na provincia de Pontevedra chamaron no primeiro semestre deste ano ao Teléfono de Información á Muller, que ten operativo a Secretaría Xeral da Igualdade para facilitar asesoría sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais e de calquera outro tipo que contribúan á igualdade das mulleres. A distribución provincial das chamadas complétase con 1.022 consultas procedentes da Coruña, 201 de Lugo, 102 de Ourense e outras 6 chamadas de fóra de Galicia, sumando así unha demanda de información por parte de 2.086 persoas. Do conxunto de chamadas recibidas, 226 estaban relacionadas coa violencia de xénero.
As mulleres son as principais usuarias deste servizo, realizando 1.942 do total de consultas rexistradas nos seis primeiros meses de 2011. Na maioría das ocasións, foron as propias persoas interesadas as que efectuaron a chamada, en 1.851 casos, mentres que 138 foron realizadas por familiares ou amizades e o resto de consultas procederon de profesionais, entidades e outros.
Por tramos de idade, o de maior demanda está na poboación de 45 a 65 anos, que concentra máis do 54% das chamadas. O tipo de información máis solicitada está relacionado coa atención psicolóxica, cun total de 959 chamadas, en moitos dos casos a propia muller é consciente da necesidade de atención especializada, pero no 6% das ocasións foron os profesionais do servizo os que identificaron a situación emocional da usuaria como tributaria de atención psicolóxica. A información sobre os recursos existentes constitúe a segunda gran área de consultas, con 389 chamadas, interesadas, por esta orde, nos servizos sociais e de saúde e nas asociacións que traballan neste ámbito. A área xurídica é a terceira en número de consultas, con 270, relacionadas co dereito de familia, o dereito penal e laboral, así como co acceso á xustiza gratuíta.
O equipo multidisciplinar de profesionais que atende este servizo resolveu directamente o 93% das consultas realizadas, derivando as restantes cara outros servizos, encabezados polos CIMs.

Atención telefónica en 51 idiomas
Para facilitar a asistencia tamén á poboación emigrante, o Teléfono de Información á Muller presta o seu servizo en 51 idiomas en 8 dos cales –galego, castelán, inglés, francés, alemán, árabe, romanés e chinés- está operativo as 24 horas de todos os días do ano, e nos 43 idiomas restantes de luns a venres, de 08.00 a 18.00 h.  As persoas interesadas poden acceder gratuitamente ao Teléfono de Información á Muller no número 900400273 ou a través do 012 da Xunta de Galicia, no que está integrado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “MÁIS DE 700 PONTEVEDRESAS CHAMARON AO TELÉFONO DE INFORMACIÓN Á MULLER NO PRIMEIRO SEMESTRE”

  1. internet ready hdtv dice :

    I’m really amazed by this blog. Tons of useful posts and info on here. Thumbs up,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: