O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E O CONSELLO GALEGO DE COMPETENCIA COLABORAN PARA MELLORAR OS MECANISMOS DE ESTUDOS DE MERCADOS E DE PROTECCIÓN AOS CONSUMIDORES

 

  • A Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Facenda asinan un convenio para colaborar en actividades de investigación de mercados, a través de campañas de inspección e control
  • Un dos obxectivos do convenio, é a vixilancia polos dereitos dos consumidores, sobre todo, no ámbito que atinxe as empresas que ofrecen servizos a un número moi grande de usuarios: telefonía, transporte aéreo, banca ou enerxía
  • Mediante cursos de formación e outras actividades didácticas lévanse a cabo xornadas de formación para o persoal de servizo, así como ás asociacións de consumidores e usuarios

Santiago, 5 de agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo, xunto coa Consellería de Facenda, a través do Consello Galego de Competencia, participan nun convenio para mellorar os mecanismos de estudos de mercados e de protección aos consumidores. Este convenio ten como obxectivo que se estableza a colaboración entre ámbalas dúas institucións para a elaboración dun estudo de mercados en Galicia que contribuía a fortalecer a competencia empresarial e asegurar os dereitos dos consumidores, facendo especial fincapé naquelas empresas que ofrecen servizos a un gran número de usuarios, como telefonía, transporte aéreo, banca ou enerxía.

Para elo, establécense diferentes eixos de actuación, a través de campañas de inspección, control e estudos, que consisten na promoción da actividade investigadora mediante proxectos de investigación conxuntos e a través dos observatorios e inspeccións das actividades, así como a edición conxunta de libros, publicacións e documentos de traballo. Ademais, o Instituto Galego de Consumo xunto co Consello Galego de Competencia comprométense a establecer un sistema de participación e organización conxunta das actividades de ámbalas dúas institucións, así como a realizar cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación destinadas ao persoal de servizo, asociacións e usuarios .-Neste senso, ámbalas dúas institucións traballan, man a man, a través dos instrumentos de inspección e sancionadores dos que dispoñen, para acadar un mercado máis transparente, seguro e competitivo en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario