O PP DE SALCEDA DE CASELAS LAMENTA O DESPREZO DO GOBERNO LOCAL POLAS FESTAS DO CRISTO

 

  • Os populares xustifican a súa ausencia onte na recepción oficial da Festa do Callos en sinal de protesta pola eliminación deste mesmo acto na celebración das festas por excelencia do municipio, as do Cristo
  • Santiago Rodríguez Davila incide en que “esta si foi unha festa dos políticos como os nacionalistas sempre cualificaron, con carpa e mesa vip para as súas excelencias”

Salceda de Caselas, 5 de setembro de 2011.- O Partido Popular de Salceda de Caselas non asistiu na xornada de onte á recepción oficial da Festa dos Callos. Unha ausencia dos populares xustificada na eliminación deste mesmo acto nas Festas do Cristo. “Foi entón cando nos estrañou a actuación do Goberno local, pero non quixemos facer valoración algunha esperando para ver o que acontecería na cita gastronómica”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do PP local. “E así foi, para a Festa dos Callos si se organizou a recepción oficial, coa que estamos de acordo pero sempre e cando tamén se faga na celebración da gran festa municipal, o acontecemento festivo máis importante do ano na vila. Hai que ser coherentes e actuar con coherencia”, apunta Rodríguez Davila á vez que lembra que “o Partido Popular estando na oposición sempre asistiu ás recepcións oficiais, cousa que os nacionalistas nunca fixeron cando nós gobernabamos”.

O Partido Popular asegura que a do Cristo ao ser unha festa relixiosa non se lle da a importancia que realmente ten, “a sabendas de que se organizan unha recepción oficial os seus políticos afíns, fieis á súa ideoloxía, non asistirían a tal acto. Unha mostra, esta, de que este bipartito fai e ordena sempre velando polos seus intereses e deixando de lado o dos veciños, que consideran as Festas do Cristo a gran festa por excelencia de Salceda”.

Por outra parte, Rodríguez Davila lembra como, fai anos, os nacionalistas cualificaban á popular Festa do Callos: “a festa dos políticos”. “Unha festa á que o anterior goberno convidaba a diversas autoridades e empresarios como uns comensais máis do tan prezado manxar e non como agora que veñen políticos máis ca nunca chegados incluso doutras provincias e para os cales se lles reserva unha carpa e mesa exclusiva para eles; este si é un goberno de despilfarro e descontrol”, conclúen dende o Partido Popular.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: