OS INTERNAUTAS ELIXEN Á PRAIA DE RODAS COMO A MELLOR DE ESPAÑA 2011

  • Foi votada nunha lista con 20 opcións, seleccionadas por un xornal electrónico de ámbito nacional e os seus lectores

§  O areal sitúase na Illa do Faro, no arquipélago das Cíes, enmarcado no Parque Nacional das Illas Atlánticas xestionado pola Consellería do Medio Rural

§  Esta praia xa fóra valorada polo prestixio xornal británico The Guardian como unha das mellores do mundo

Santiago, 5 de setembro de 2011.- Os internautas seguidores do xornal electrónico de ámbito nacional 20minutos.es elixiron á praia de Rodas como “a mellor praia de España 2011”. O areal atópase na Illa do Faro, no arquipélago das Illas Cíes, enmarcado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xestionado pola Consellería do Medio Rural.

Na iniciativa para elixir a mellor praia de España neste ano, o diario dixital propuxo unha relación de dez litorais na que os lectores engadiron as súa propostas. Da votación de cada un deles seleccionouse as dúas primeiras opcións para conformar unha lista con 20 candidaturas, da que saíu a mellor praia de España 2011, de acordo co seu veredicto. No repertorio resultante das votacións dos lectores colocouse o nome da paraxe seguido do da Comunidade Autónoma na que se empraza.

O resultado do proceso de votacións, que abarcou desde o día 24 de agosto ás 12:00 ata a medianoite do 4 de setembro, amosa que a praia galega de Rodas acada o primeiro posto, situándose como “a mellor praia de España 2011”, tras recibir 32.418 puntos. En segundo lugar atópase o areal de Zahara de los Atunes, en Andalucía, cunha puntuación de 31.687 votos. Tamén pertence á Comunidade andaluza a praia de Bolonia, que con 23.453 puntos colócase na terceira posición.

Entre as mellores praias do mundo

A praia de Rodas xa fóra valorada polo prestixio xornal británico The Guardian como unha das mellores praias do mundo. É un dos tesouros naturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas, composto polos arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e as augas da súa contorna. Situado nun espazo natural ligado ao mar, o Parque caracterizase pola súa rica biodiversidade, con gran variedade de ecosistemas, entre os que destacan as praias, os cantís, os sistemas dunares, as matogueiras e os fondos mariños, entre outros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “OS INTERNAUTAS ELIXEN Á PRAIA DE RODAS COMO A MELLOR DE ESPAÑA 2011”

  1. Susana CMTurgalicia dice :

    Boa tarde

    déixovos un enlace con máis información sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas:
    http://ir.gl/50fd8b

    Infórmovos tamén que, como organismo oficial de promoción turística de Galicia, estamos a disposición de quen precise información sobre turismo na nosa terra.

    Saúdos!

    Susana, Community Manager Turgalicia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: