Máis dun cento de delegados/as da CIG concéntranse diante da sede Xunta en Vigo contra a reforma da constitución española

Previamente analizaron en asemblea os recortes sociais que suporá o cambio e repasaron a situación do ensino público e do sector naval na cidade

VIGO/06-09-11

Delegados e delegadas da CIG concentráronse hoxe en toda Galiza contra a reforma da Constitución española aprobada o pasado venres no Congreso dos Deputados. Unha modificación que limita o gasto público e que, segundo afirmou Suso Seixo na súa intervención na asemblea de delegados/as de Compostela, “terá graves consecuencias” de forma inmediata, con recortes en políticas sociais, en Ensino, Sanidade ou infraestruturas, limitando aínda máis a capacidade de Galiza “para decidir por nós mesmos as nosas políticas económicas”. En Vigo a protesta tivo lugar diante da sede da Xunta, onde se concentraron máis dun cento de representantes sindicais. A xornada arrincaba con asembleas de delegados/as nas sete cidades galegas para explicar as consecuencias desta reforma da Constitución e debater sobre as medidas a adoptar pola CIG para enfrontar os continuos ataques que están a sufrir as traballadoras e traballadores galegos. Tras as asembleas celebráronse concentracións simultáneas diante da Delegación do Goberno na Coruña, das subdelegacións do goberno en Pontevedra, Ourense e Lugo, diante do edificio da Xunta de Galiza en Vigo, na praza de Armas en Ferrol ou na praza de Galiza en Compostela.

Nos distintos actos, alén desta reforma que permite introducir o principio neoliberal do déficit cero na Constitución, a CIG denunciou tamén as últimas reformas introducidas á fracasada reforma laboral, aprobada hai apenas un ano. Reformas que teñen, todas, o obxectivo de seguir alimentando os mercados financeiros, nos que os grandes empresarios investirán os beneficios resultantes de precarizar aínda máis as condicións laborais de traballadores/as.

No caso da asemblea de Vigo, o encargado de dirixirse aos delegados/as foi o secretario comarcal, Serafín Otero, que fixo fincapé en que non se trata dunha reforma técnica, “senón que ten un forte contido ideolóxico ao introducir o o presuposto neoliberal do déficit cero”. Fronte a isto, apostou pola mobilización para frear unha modificación “inxusta, antisocial e discriminatoria”. Otero foi tamén o encargado de ler o manifesta ao remate da concentración que se desenvolveu na delegación da Xunta entre as 12.00 e as 13.00 horas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: