O comité de Tex Digital denuncia que a dirección da empresa con sede en Vigo desapareceu sen abonarlle salarios dende xullo

A compañía de telecomunicacións ten oficinas en todo o Estado español e conta cun cadro de persoal de máis de 300 traballadores/as

VIGO/06-09-11

A empresa de telecomunicacións con sede en Vigo Tex Digital SL, que conta con delegacións en todo o Estado e presta de servizos para Telefónica Móviles, Vodafone, Orange, Nokia, Ericsson y Huawei, leva dende xullo sen abonarlle o salario aos máis de 300 traballadores/as do seu cadro de persoal. A dirección da compañía, que se atopa “totalmente desaparecida”, tamén lle adebeda cantidades importantes a administracións públicas e provedores. Tanto os empregados/as como o comité de empresa e os sindicatos, representados por membros da CIG e UGT, intentaron dar solucións para manter os postos de traballo ou dar saída aos que o estimasen oportuno, “mentres que dende a dirección da empresa, representada por Elena González Díaz, non houbo a correspondente disposición para consensuar ningunha das alternativas presentadas”. E o que é máis grave, nestes momentos a dirección da compañía atópase totalmente desaparecida.

Dende o comité explican que se trata dun novo caso dunha empresa do sector das telecomunicacións que intenta deslocalizar ou vender parte dos seus activos fóra do noso país, “con graves consecuencias para a economía e o emprego a nivel autonómico, xa que entre os centros da Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo estanse a ver afectados/as 150 traballadores/as, mentres que outros 200 atópanse nas en las mesmas condicións no conxunto do Estado español. “A dirección pretende vender, presuntamente de xeito ilegal, partes de la empresa ao mellor postor para incrementar a súa fortuna persoal, deixando na rúa a máis de 300 persoas”, segundo denuncian dende o comité.

About Vgomagazine

Revista Online.

2 responses to “O comité de Tex Digital denuncia que a dirección da empresa con sede en Vigo desapareceu sen abonarlle salarios dende xullo”

  1. ANONIMO18934 says :

    Pues en la Delegacion de Tex Valencia no solo nos hemos quedado sin cobrar sino que encima nos nos han pagado las notas de gastos que han salido de nuestros bolsillos… hay que fastidiarse noo solo he trabajado gratis sino que ademas me a costado dinero de mi bolsillo.
    mira si lo tienen claro que ya nos han dicho que cobraremos por el FOGASA.
    Menos mal que teniamos que hacer caso a la Srta. Elena hijita del dueño, que lo estaban solucionando y que trabajaramos MAS, vamos…..que morro tienen. ah y estos no van a la carcel…. resulta que si yo robo un banco para dar de comer a mis hijos me meten en la carcel y esta pandilla de ladrones pueden robar a los trabajadores tranquilamente que no pasa nada….por dios que mal esta hecha la ley.

  2. Giovany mejia says :

    En Colombia sucedío lo mismo estos simverguenzas le están robando el trabajo la gente hacen trabajar a transportadores y luego desaparecen sin pagarle a nadie. el mismo dueño de Icotec Colombia que tiene a miles de trabajadores en la misma situación

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: