Archive | septiembre 7, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 07-09-11


O alcalde anuncia o inicio do proceso para licitar este ano 16 millóns de euros en humanizacións

Abel Caballero avanzou este mércores que o goberno local inicia o procedemento administrativo para as humanizacións de Aragón, Nicaragua, Brasil, Juan Ramón Jiménez, Pintor Colmeiro, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo, cun investimento superior aos 16 millóns de euros. Estas reformas serán licitadas este ano e sumaranse aos 7,5 millóns en humanizacións actualmente en obras.

 


Caballero informou da redacción dos proxectos de construción das escolas infantís municipais en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores

Tal e como informou o alcalde en declaracións aos medios, o Concello de Vigo ten iniciado a redacción dos proxectos para a construcción de catro novas escolas infantís municipais, ubicadas en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, co obxectivo de acadar o próximo curso unha oferta municipal de 1.000 prazas. Ademais, Caballero esixiu á Xunta de Galicia que amplie os comedores escolares para poder cubrir as 4.257 solicitudes de beca que recibiu o Concello.

 


Abel Caballero anuncia que a próxima semana iníciase a humanización da bifurcación da Travesía de Vigo

Á altura do número 160 da Travesía de Vigo, o alcalde anunciou que a próxima semana dará comezo o proxecto de humanización deste treito do vial, un compromiso adquirido por Caballero durante a campaña electoral que estará rematado tras dous meses de obras. Explicou o primeiro edil que o importe da obra achégase aos 100.000 euros e deixará este treito da rúa coa máxima calidade, «no mesmo nivel que o conxunto da Travesía de Vigo».

 


O goberno local declara a emerxencia da construción do bypass para garantir o subministro de auga ao Morrazo

A Xunta de Goberno Local declarou hoxe mércores a emerxencia desta actuación, polo que a Xunta de Galicia non precisará de autorización municipal previa para realizar esta obra. O obxectivo do Concello, segundo explicou Abel Caballero, é dar «maior facilidade» para garantir o abastecemento de auga a Cangas e Moaña, cunha conexión desde o final do emisario terrestre ata o inicio do submariño.

 


Caballero di que o Campionato de España de tríatlon, con 1.100 inscricións, ten unha dimensión «de rango europeo»

O Concello de Vigo será o patrocinador principal do XVIII Campionato de España de tríatlon, que se disputará en Vigo os vindeiros días 17 e 18 de setembro. Samil será o centro neurálxico aínda que os e as participantes chegarán ata Bouzas e Coia no seu percorrido do segundo sector, a competición ciclista.

Protesta Grupo Álvarez

As ex traballadoras e traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que representa a CIG volveron concentrarse esta mañá na porta do despacho do avogado vigués José Pérez Pousa para reclamarlle a parte que lles corresponde das cargas que pesaban sobre as vivendas de Cabral e que foron condonadas polo Concello de Vigo. Dende a central nacionalista lembran que o letrado repartiu entre os seus clientes máis dun millón de euros procedentes destes cartos, dos que máis de 200.000 euros pertencen aos ex empregados/as de GEA que asesora a central nacionalista. É a sexta vez que protestan no despacho do letrado vigués nos últimos cinco meses.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantén unha xuntanza coa Federación Galega de Piragüismo

presidida por Alfredo Bea García; e con representantes dos 34 clubs de piragüismo da provincia. Nesta xuntanza abordo

Prórroga exposición Vilagrafías. Museo Verbum

VILAGRAFÍAS

Do 7 de xullo ao 30 de outubro de 2011 Inauguración: 7 de xullo de 2011 20 horas de 10 a 14 e de 17 a 21 horas (ata o 15 de setembro) de 10 a 19 horas (a partir do 16 de setembro) Entrada gratuíta

Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.
A poesía e a fotografía teńen o mesmo itinerario e ás veces as mesmas postais na maleta. As vilas estanse a converter no grande escenario da terra, o labirinto perfecto para atopar o corazón perdido das cousas. É ben certo que ata agora a vida na cidade era sinónimo de progreso, mais hoxe son moitas as urbes que se converteron en escenarios do desencanto. Así, dende a ilusión ou o medo, as cidades resultan indefinibles. Do mesmo lugar hai unha visión diúrna e outra nocturna. Unha optimista e outra pesimista. Unha cara árida e outra amable. Un punto de encontro e moitos de desencontro. Desta idea xorde esta proposta, un traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica. As cidades son topografías da memoria e o sentimento, e tanto a cidade como a fotografía están en continua evolución e definición, por iso estas palabras e imaxes non tratan de documentar as vilas senón de buscar unha nova linguaxe, de reinventar a visión das cidades.
A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital, as fotografías son coma un mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía, nun camińo que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario.

O XOVES 8 DE SETEMBRO, MESA REDONDA PARA PECHAR A EXPOSICIÓN SOBRE O DEPORTE FEMININO DE MUDEGÁ

•  Na charla participarán representantes do Olivo, Celta de  baloncesto e BM Porriño, entre outras.
Vigo, 07 de setembro de 2011. O café “Detrás do Marco” pechará mañá xoves 8 de setembro  a exposición fotográfica da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) coa celebración dunha mesa redonda sobre o Deporte Feminino. A charla, que comezará ás 20:30 horas, contará coa participación de  destacadas deportistas e dirixentes galegas. Leer más…

A XUNTA INSTA AO CONCELLO DE VIGO A QUE NON PERDA MÁIS TEMPO E AUTORICE A AUGAS DE GALICIA A INSTALACIÓN DO BYPASS QUE GARANTA O SUBMINISTRO DE AUGA AO MORRAZO

O emisario submarino sufriu unha nova rotura esta mañá

  • Lémbralle ao Concello que leva agardando dita autorización dende o mes de xullo
  • A conexión permitirá conectar a canle de subministro existente co novo emisario submarino, xa listo para entrar en servizo e garantir así o abastecemento ao Morrazo en caso de que se reproduzan os problemas
  • O Goberno galego lamenta que se estea a perder o tempo nunha obra imprescindible para a Península do Morrazo, que segundo o proxecto inicial podería estar terminada no pasado mes de xullo
  • O novo emisario de Vigo está actualmente rematado, tan só pendente do tramo de condución que decorre pola cidade de Vigo Leer más…

O Festiclown Palestina sofre de novo as consecuencias da ocupación israeli

MARCHEN AGORA MESMO OU Á MIÑA CHEGADA NON RESPONDO DO QUE POIDA OCORRER”
Na mañá deste martes, dúas compañías participantes do Festiclown Palestina, Circ Bover e Irmãos Esferovites dirixíanse a actuar ao colexio que se atopa situado no barrio de Seith Saad. Cando as compañías e dous membros da organización do Festiclown chegaron ao posto de control policial para ingresar no barrio, o policía responsable do checkpoint esixiulles un visado especial para ingresar. Asimesmo chamou ao comandante da policía- entendemos esa chamada polo perigoso motivo de ir armados con narices vermellos-. Leer más…

O musical que reúne os grandes éxitos de 40 Principales chega a Novacaixagalicia en outubro

A banda sonora inclúe un centenar de temas clásicos e actuais

.    Máis de 550.000 espectadores gozaron xa do espectáculo

07.09.2011. O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá o próximo mes de outubro, entre os días 13 e 16, sete funcións do espectáculo ‘40, el musical’, que reúne un centenar de éxitos clásicos e actuais que ocuparon o número 1 da famosa lista radiofónica. Tras a gran acollida na Gran Vía madrileña e en Barcelona, a produción chega á cidade olívica no marco da programación cultural que organiza Novacaixagalicia para este outono.

ECONOMÍA E INDUSTRIA SUMA 63 MILLÓNS DE INVESTIMENTO MOBILIZADO COAS LIÑAS DE APOIO AO AFORRO E Á EFICIENCIA ENERXÉTICA

  • A nova edición do programa de axudas á eficiencia e aforro enerxético conta con 17 liñas centradas nos principais sectores produtivos e nos concellos galegos
  • As axudas da Xunta favorecerán a mellora da competitividade, da calidade e a redución de custos enerxéticos no eido da industria, a agricultura, a pesca o transporte, a edificación, os servizos públicos e a transformación da enerxía
  • 9 das liñas activadas ao abeiro do programa están orientadas aos concellos galegos co obxectivo de situar as vantaxes do aforro e a eficiencia o mais preto posible dos cidadáns
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou que esta campaña permitirá obter un aforro de enerxía primaria equivalente a 8.800 toneladas de petróleo (102 GWh/ano) e evitará a emisión de 35.000 toneladas de CO2 á atmosfera

Trilho Pedestre da Carvoeira em Valença

A Câmara Municipal de Valença promove uma caminhada no Trilho Pedestre da Carvoeira, sábado, 10 de Setembro. Com a distância de 9,6 Km’s é um percurso paisagístico-cultural que se desenvolve pelo monte da Carvoeira entre as freguesias de  Boivão e Gondomil.
O ponto de encontro está marcado para a Igreja Paroquial de Boivão, às 9h e a saída às 9h30. O tempo estimado do percurso é de 3h30. Leer más…