O XOVES 8 DE SETEMBRO, MESA REDONDA PARA PECHAR A EXPOSICIÓN SOBRE O DEPORTE FEMININO DE MUDEGÁ

•  Na charla participarán representantes do Olivo, Celta de  baloncesto e BM Porriño, entre outras.
Vigo, 07 de setembro de 2011. O café “Detrás do Marco” pechará mañá xoves 8 de setembro  a exposición fotográfica da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) coa celebración dunha mesa redonda sobre o Deporte Feminino. A charla, que comezará ás 20:30 horas, contará coa participación de  destacadas deportistas e dirixentes galegas. A mesa será moderada pola  vicepresidenta de Mudegá, Mercé Barrientos, que é unha importante dirixente deportiva: Presidenta da Federación Galega de Taekwondo e da Unión de Federacións Deportivas Galegas. Ademais estará representado o deporte feminino vigués, que conta con varios equipos na máxima categoría das súas respectivas modalidades deportivas. Polo Olivo, que debutou o pasado domingo na Superliga de fútbol, estará a súa dianteira Anair Lomba, que foi a máis destacada neste primeiro partido. Anair (30 de outono de 1989) naceu na Garda e comezou a xogar ao fútbol aos seis anos no colexio. Despois pasou pola U.D La Guía para fichar polo Barcelona feminino, onde estivo nas categorías inferiores do Barcelona ata chegar ao primeiro equipo na Superliga. Pero decidiu volver a casa e comezou na Unión Guardesa para posteriormente fichar polo Olivo onde logrou o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: