ÁBACO SORTEO FINAL NOCHES DE HOTEL

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’, quere felicitar aos gañadores das 15 noites no Hotel Bruselas (proximamente Hotel Vila da Guarda), e o gañador dunha noite no Talaso Atlántico. O sorteo destes premios finais da campaña “ábaco de verán” fíxose o luns 22 de agosto, xusto ó dia seguinte de finalizar a campaña. Entre os gañadores das noites no Hotel Bruselas, (proximamente Hotel Vila da Guarda) temos xente de toda España, xa que se sortearon entre os códigos que estivemos a repartir no Monte Santa Trega; xente que nos visitou dende Zaragoza, Barcelona, ata Sevilla, Burgos ou Madrid achegáronse ata a nosa vila para coñecela e disfrutala e volverán a facelo grazas ó comercio local.

En canto ó gañador da noite no Talaso Atlántico resultou ser un mozo de Tomiño, xa que este sorteo fíxose entre os códigos repartidos polos comercios guardeses e do Rosal participantes na campaña. Ao gañador deste premio fíxoselle entrega na sede da nosa asociación dun bono para disfrutar dunha noite no Talaso Atlántico con programa de tratamento incluído.

 

Queremos tamén agradecer aos miles de participantes na campaña a cantidade de códigos rexistrados e sobre todo a confianza e fidelidade depositada no comercio da Guarda e O Rosal; e aproveitamos para recordarlle a todas aquelas persoas que teñan códigos premiados que dispoñen ata o vindeiro 21 de setembro para poder recollelos e disfrutar dos mesmos, tal e como se estableceu nas bases da campaña.

¡¡MOITAS GRACIAS A TODOS!!

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: