MEDIO AMBIENTE E FOMENTO ASINARÁN O CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A EXECUCIÓN DO ENLACE DA VARIANTE DE MARÍN, ENTRE O REGUEIRIÑO E A PO-11, POR MÁIS DE 9 MILLÓNS DE EUROS

  • O convenio estipula que a achega para o remate do enlace será ao 50% entre a Administración Central e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
  • A porcentaxe de execución desta obra elévase preto do 60%, posto que xa está definida a Variante e, en execución, o enlace coa PO-11, o paso sobre ADIF e o paso sobre a PO-546
  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou na súa visita o pasado 24 de agosto ao Concello de Marín que a Variante estará rematada na súa totalidade no verán do 2012

Santiago, 8 de setembro de 2011.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Ministerio de Fomento para a execución do enlace da variante de Marín (PO-546) coa estrada PO-11, o que dará acceso á conexión co porto de Marín, e coa estrada PO-12, que conectará coa entrada oeste de Pontevedra. O investimento estipulado para o remate destas obras é de 9.062.457,50 euros, dos que a Consellería aporta 4.531.228,78, ademais da financiamento das expropiacións e os custes das labores de vixilancia do proxecto. Actualmente están en execución, cun investimento de 37,7 millóns de euros, as obras entre O Regueiriño e a PO-11, treito de 4,3 quilómetros, no que se inclúe o enlace da variante. Este proxecto ten a súa orixe no enlace da PO-12, Autovía de Marín, e o ramal do enlace Pontevedra Sur da AP-9, estrada PO-11. O enlace será de tipo diamante, cunha glorieta e ramais unidireccionais proxectados, case na súa totalidade, en terras con muros verdes.

Variante de Marín

A lonxitude da variante de Marín é de 4,2 quilómetros, cunha rampla máxima de 6,50 % con dous pasos superiores e catro inferiores. Na sección transversal cóntase cun tronco de 12 metros, que inclúe dúas calzadas de 3,5 m e dúas beiravías 2,5 metros. Así mesmo, ten un tronco con carril adicional para lentos de 15,5 metros, con tres carrís de 3,5 e dúas beiravías de 2,5 m.A glorieta sobre a estrada PO-12 terá 11 metros con dos calzadas de 3,5 metros; dúas barreiras de 0,5 metros e dúas beiravías dun metro cada unha. Para levar a cabo o enlace é preciso facer un desmonte de 87.027 m3; e un terraplén de 114.872 metros cúbicos.Así mesmo, empregarase lastro artificial, mestura bituminosa en quente e estabilizarase o solo in situ con cemento. En relación á variante, o desmonte é de 790.259 m3 cun terraplén de 616.419 metros cúbicos; estabilizarase o solo in situ con cemento, e empregarase 24.677 m3 de lastro artificial e incluirá os viadutos da Igrexa, de Almunia e oda PO-546; a máis de 2 pasos superiores e 4 inferiores.

Neste momento, a obra está certificada ao 60% por cento, posto que se atopa executada a variante e, en execución, o enlace coa PO-11, o paso sobre ADIF e o paso sobre a PO-546. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou o pasado 24 de agosto nunha visita a Marín que o remate da totalidade da variante de Marín será no verán de 2012. Os beneficiarios deste proxecto serán os máis de 120.000 habitantes dos concellos de Pontevedra, Marín e Bueu.

Condicións do convenio

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, terá a obriga de presentar os xustificantes das obras executadas. No caso de que non sexa posible cumprir o ritmo de execución das obras será necesario reaxustar as anualidades a través da Comisión de Seguimento. Esta Comisión estará conformada por dous representantes da Xunta de Galicia: o subdirector xeral de Estradas e o subdirector xeral de Planificación e Programación; e dous representantes do Ministerio de Fomento: o xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e o xefe da Unidade de Estradas de Pontevedra. No marco deste organismo, ademais de ser posible a proposta de reaxustes nas anualidades, poderase analizar as posibles modificacións do esquema previsto para o enlace que poidan xurdir durante a execución das obras. Estas modificación serán realizadas a condición dun informe favorable da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: