Noticias Ayuntamiento de Vigo -08-09-11


 

O alcalde indica que a depuradora atópase na “fase final” para a súa contratación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, mantiveron este xoves unha reunión para pasar revisión aos investimentos do Goberno de España na cidade, tras o que o rexedor vigués subliñou a “boa marcha” da tramitación para a chegada da Alta Velocidade, as autovías, a Biblioteca do Estado, a nova Comisaría da Policía Nacional e a Depuradora, que encara a “fase final” da tramitación cara a súa contratación definitiva.

 

O Concello aproba a modificación de crédito para facer fronte á sentenza xudicial de Miraflores

A sentenza obriga a indemnizar con 10,8 millóns polo incumplimento dun convenio urbanístico asinado polo goberno local en 1992. O Pleno da Corporación aprobou hoxe xoves destinar 6 millóns de euros dos remanentes municipais e aprazar tres meses outros 4,8 millóns en investimentos deste ano para dar cumprimento ao mandato xudicial. As inversións afectadas son varias humanizacións de rúas, que entrarán no orzamento de 2012 que o goberno de Caballero prevé ter en vigor o próximo un de xaneiro.

 

O Pleno aproba a conxelación real das taxas municipais de 2012

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou no Pleno da Corporación celebrado este xoves a proposta do goberno local de conxelar en termos reais os impostos e taxas municipais para o próximo ano. Aplícase así o IPC do 3,8% interanual do mes de abril, como ven sendo habitual no Concello de Vigo; as ordenanzas fiscais contemplarán unha reducción do 21% da taxa do lixo para oficinas e poderá fraccionarse ás débedas inferiores a 400 euros.

 

A Corporación solicita a Xunta de Galicia a creación dun fondo de cooperación económica cos municipios

A iniciativa do grupo socialista, e co apoio dos nacionalistas, o Pleno da Corporación Municipal de Vigo instou hoxe xoves á Xunta de Galicia á creación dun fondo de cooperación económica para que a cidade perciba os fondos correspondentes ás competencias autonómicas que xa asume, tal e como as Autonomías perciben do Estado. A concelleira de Economía, Raquel Díaz, recordou que moitos servizos públicos de competencia autonómica os asume o goberno local sen contrapartida económica.

 

O Pleno acorda por unanimidade a posta en marcha do bus eléctrico e dos coidadores no Casco Vello

Sendas mocións presentadas por populares e nacionalistas recabaron o apoio do grupo socialista para solicitar a posta en marcha do autobús eléctrico e do servizo de coidadores do Casco Vello. O Pleno tamén acordou adoptar medidas de apoio á Fundación Banco de Alimentos, tras ver recortada nun 75% de cara ao próximo ano a súa capacidade de reparto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: