Archive | septiembre 9, 2011

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A CELEBRACIÓN DO OBRADOIRO EN VIVO ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE OURIVES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez participou esta tarde na celebración do obradoiro en vivo organizado pola Asociación de Ourives na Praza do Toural de Santiago de Compostela
  • A ourivaría forma parte da identidade cultural máis profunda de Galicia e vén de ser almacenada na sabedoría dos oficios tradicionais, permitindo a produción de obxectos de todo tipo

O grupo municipal socialista no Concello de Vigo

Vigo,  9 de setembro de 2011.– Remitimos  este comunicado de prensa para rectificar informacións que publican hoxe algúns medios de comunicación relativas ao patrimonio da voceira socialista no Senado e primeira tenente de alcalde do Concello de Vigo,  Carmela Silva.
Queremos aclarar que Carmela Silva conta unicamente cun piso da súa propiedade e non dous como figura en distintos medios.  A vivenda da voceira socialista está sita en Vigo, namentres  o  referido  piso  de  Barcelona  é  propiedade  do  seu fillo,  pagado  cos  propios ingresos deste, un inmoble do que Carmela Silva e mais o seu marido figuran unicamente como usufructuarios.
Por  tanto,  reiteramos que Carmela Silva é propietaria dun piso en Vigo e carece dunha segunda  propiedade  inmobiliaria  en  Barcelona,  datos  que  este  grupo  quere  poñer  en coñecemento dos medios.

O grupo municipal socialista no Concello de Vigo

comezan as Festas dos Liñares e o luns a RoCKmería!!!


Mañá, Sábado 10 de setembro, comezan as Festas dos Liñares de San Miguel de Oia (en Canido), Vigo.

A parroquia e veciños de todo Vigo poderán disfrutar de catro días de festas que comezan o sábado e durarán ate o vindeiro martes, coas actuacións das tradicionáis bandas de música como a Lira de San Miguel de Oia, Unión Musical de Coruxo, a da Asociación Musical de Pevidem (Portugal), a de Valladares, a do Rosal ou a de Merza. Actuarán tamén as orquestas Jerusalén, Televisión e Gran Parada.
As festas este ano contarán con novidades como o Luns da Xuventude, unha noite adicada aos xoves na que terán cita concertos de grupos locáis de calidade dentro do que se chama a RoCKmería, a modo de festival de rock que este ano celebrará a súa 1ª edición e que está a ter unha gran espectación por parte de toda a mocidade da parroquia e colindantes como Coruxo e Saiáns polas actuación do Cuarteto Caramuxo, A Polémica Banda dos Bechuchos e Kogito, tódas elas de Vigo. Finalizará a festa do luns a DJ Flor (Dj residente da Fábrica de Chocolate, coñecido pub vigués de Churruca).
Unhas festas nas que sin duda os reencontros, os bailes e a vecindade serán os protagonistas.

MAÑÁ, ARTE SOLIDARIO A FAVOR DE SOMALIA


• Detrás do Marco acolle a iniciativa solidaria “A nosa colleita para
Somalia” na que colaboran máis de sesenta artistas.
• Haberá unha poxa de obras de arte, doadas polos seus autores, e o diñeiro recadado será entregado a Médicos sen Fronteiras.

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 09-09-11


O alcalde visitou o inicio das obras de rehabilitación do arco Quirós, «un dos emblemas» na recuperación do Casco Vello

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este venres o inicio das obras de construcción e rehabilitación do edificio do arco Quirós, na Praza da Princesa, «un dos emblemas» na recuperación do Casco Vello xunto á fachada do Berbés. O alcalde estimou en ano e medio a duración das obras de construcción.

 


O goberno local nomea a María Carneiro nova xerente de Urbanismo, «unha das profesionais máis reputadas» en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento de María Carneiro como xerente de Urbanismo do Concello. A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde ao mesmo, co que Vigo incorpora a «unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia», en verbas do alcalde, cunha dilatada experiencia profesional en Galicia e Madrid.

 


Caballero asegura que a licitación por 29 millóns de obras da estación do AVE de Urzáiz é «un dos grandes fitos da cidade»

O alcalde de Vigo definiu este venres como «un dos grandes fitos da cidade» a licitación, aprobada onte en Consello de Ministros do Goberno, de obras da nova estación do AVE de Urzáiz por valor de 29 millóns de euros, a segunda licitación xa liberada. Abel Caballero apuntou que a continuidade de José Blanco na carteira de Fomento é «a mellor garantia» da Alta Velocidade viguesa.

 


O alcalde di que a Federación de Organizacións de Profesionais de Congresos ve en Vigo un «gran destino» para o turismo congresual

Abel Caballero recibiu hoxe venres aos presidentes autonómicos de España aglutinados nesta Federación que preside Asunción Durán, encargada tamén da xestión do Auditorio Pazo de Congresos «Mar de Vigo». Reunida en Vigo, a Federación ve a cidade como un «gran destino» para o turismo de congresos. O alcalde asegurou que os seus integrantes levaron unha boa impresión da cidade.

 


O equipo da Policía Local de Vigo conseguiu cinco metais nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

Na cuarta participación do colectivo neste evento, a formación viguesa da Policía Local sumou medallas en 400 metros lisos, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, triple salto e tiro. Tras Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009, os vigueses acudiron este ano desde o 26 de agosto ao 5 de setembro a Nova York para competir nos Xogos Mundiais.

 

Convocatoria pública de solicitudes de axudas para a fase 12 do Casco Vello e fase 7 do barrio histórico de Bouzas, programa de rehabilitación de edificios e vivendas de Vigo

Aprobada a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010, e asinados os convenios correspondentes se procede a convocatoria pública das solicitudes de axudas:

ABEL CABALLERO MANTIENE PARALIZADA LA BIBLIOTECA DEL ESTADO AL NO OFRECER UNA UBICACIÓN DEFINITIVA

Las promesas del delegado del Gobierno se contraponen a la pasividad del alcalde de Vigo

El PP le recuerda que ya propuso siete emplazamientos diferentes y sigue sin solucionar el problema
Vigo, 9 de septiembre de 2011.-El Grupo Municipal del PP le recuerda al Gobierno local que para que se haga realidad la esperada Biblioteca del Estado en Vigo sólo hace falta que el Concello proporcione al Ministerio de Cultura un emplazamiento.
“Hace cuatro años que Abel Caballero lo busca y no lo encuentra. Lo que era fácil hace cuatro años se complica cada vez más.  Disponíamos de un emplazamiento en la Praza do Rei que Caballero reservó en el PXOM porque era de su agrado, del agrado de los responsables del Ministerio de Cultura que asumían el coste de la construcción y equipamiento de esta nueva biblioteca de referencia para Vigo y su área y, sobre todo, del agrado de los vigueses”, explica Elvira Larriba Leer más…

Presentación de resultados del Proyecto GALICIA MERCA VERDE, promovido por APROEMA

El próximo miércoles 15 de septiembre, APROEMA, presentará los resultados del Proyecto GALICIA MERCA VERDE con el que ha evaluado el interés y grado de aplicación de criterios ambientales en la compra de productos y servicios ecológicos, en nuestra comunidad autónoma.
A lo largo de los casi 10 meses que ha durado el proyecto, han colaborado con «GALICIA MERCA VERDE» cerca de 200 entidades públicas y privadas, de modo que se ha recabado información actualA partir de la información analizada se ha desarrollado una Guía que pretende impulsar este mercado ofreciendo información sobre las ventajas ambientales, económicas y corporativas de “comprar verde” y estableciendo criterios a tener en cuenta a la hora de comprar productos y servicios verdes, de forma eficiente, competitiva y en condiciones de libre mercado.
Se han identificado, también, aspectos estratégicos para el fortalecimiento del mercado del reciclaje con los que se podrá seguir avanzando.  sobre el mercado verde gallego.

APROEMA culmina este proyecto, realizado gracias a la subvención de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, con dos jornadas de presentación de resultados que se llevaran a cabo durante este mes de septiembre. La cita en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo, es este miércoles 15, a las 12:15 horas. El aforo es limitado,
por lo que se agradece confirmar asistencia a través de la web. http://www.aproema.com

 

 

La Agencia Comunitaria de Control de la Pesca coordina el plan de despliegue conjunto para pesquerías pelágicas en las aguas occidentales del Atlántico Nororiental

La Agencia Comunitaria de Control de la Pesca (ACCP) ha puesto en marcha un plan de despliegue conjunto (PDC) para pesquerías pelágicas en las aguas occidentales del Atlántico Nororiental. Este PDC hace efectivo el Programa Específico de Control e Inspección  de la Comisión Europea para las pesquerías pelágicas, incluyendo las poblaciones de arenque, caballa, jurel, anchoa y bacaladilla. Leer más…

CARTA SECRETARIO EIXO A SECRETARIO DE ESTADO TRASPORTES DE PORTUGAL POR PEAXES

Enviado al Director  de Estado de Transportes de Portugal.

Novacaixagalicia clausura o vindeiro domingo a exposición de Lee Miller con máis de 30.000 visitas

Por vez primeira en España, a montaxe abarca todas as súas facetas creativas

09.09.2011. A sede da Fundación Novacaixagalicia na Coruña clausurará o vindeiro domingo a exposición retrospectiva que a entidade dedica a un dos grandes nomes da fotografía do século XX, a norteamericana Lee Miller, e cun notable éxito, ao rexistrar máis de 30.000 visitas desde a súa inauguración o pasado mes de xuño. A montaxe, que será inaugurada o 22 de setembro no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, trae  por primeira vez a España á autora dalgunhas das imaxes máis influentes do século XX. Ao longo dos seus setenta anos de vida, Miller (1907, Poughkeepsie, Nova York –  1977, Farley Farm House, East Sussex, Inglaterra) destacou como fotógrafa de moda, correspondente de guerra e como retratista dos grandes creadores das artes plásticas do século XX.