Noticias Ayuntamiento de Vigo – 09-09-11


O alcalde visitou o inicio das obras de rehabilitación do arco Quirós, “un dos emblemas” na recuperación do Casco Vello

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este venres o inicio das obras de construcción e rehabilitación do edificio do arco Quirós, na Praza da Princesa, “un dos emblemas” na recuperación do Casco Vello xunto á fachada do Berbés. O alcalde estimou en ano e medio a duración das obras de construcción.

 


O goberno local nomea a María Carneiro nova xerente de Urbanismo, “unha das profesionais máis reputadas” en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento de María Carneiro como xerente de Urbanismo do Concello. A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde ao mesmo, co que Vigo incorpora a “unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia”, en verbas do alcalde, cunha dilatada experiencia profesional en Galicia e Madrid.

 


Caballero asegura que a licitación por 29 millóns de obras da estación do AVE de Urzáiz é “un dos grandes fitos da cidade”

O alcalde de Vigo definiu este venres como “un dos grandes fitos da cidade” a licitación, aprobada onte en Consello de Ministros do Goberno, de obras da nova estación do AVE de Urzáiz por valor de 29 millóns de euros, a segunda licitación xa liberada. Abel Caballero apuntou que a continuidade de José Blanco na carteira de Fomento é “a mellor garantia” da Alta Velocidade viguesa.

 


O alcalde di que a Federación de Organizacións de Profesionais de Congresos ve en Vigo un “gran destino” para o turismo congresual

Abel Caballero recibiu hoxe venres aos presidentes autonómicos de España aglutinados nesta Federación que preside Asunción Durán, encargada tamén da xestión do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”. Reunida en Vigo, a Federación ve a cidade como un “gran destino” para o turismo de congresos. O alcalde asegurou que os seus integrantes levaron unha boa impresión da cidade.

 


O equipo da Policía Local de Vigo conseguiu cinco metais nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

Na cuarta participación do colectivo neste evento, a formación viguesa da Policía Local sumou medallas en 400 metros lisos, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, triple salto e tiro. Tras Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009, os vigueses acudiron este ano desde o 26 de agosto ao 5 de setembro a Nova York para competir nos Xogos Mundiais.

 

Convocatoria pública de solicitudes de axudas para a fase 12 do Casco Vello e fase 7 do barrio histórico de Bouzas, programa de rehabilitación de edificios e vivendas de Vigo

Aprobada a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010, e asinados os convenios correspondentes se procede a convocatoria pública das solicitudes de axudas:

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: