Crónica 11 de Iván Prado desde Palestina: Checkpoint Festival

“Tombar primeiro os símbolos para despois tombar as edificacións”
Un exército de narices vermellos no undécimo día do Festiclown Palestina toma o checkpoint de Calandia, coa maxia do Mago Teto, os malabares de Circ Bover, as acrobacias de La Poet Company, a poesía de Tres Puntos e Aparte, a provocación do gran Leo Bassi e a creatividade de Pallasos en Rebeldía.
Tras un triunfo apoteósico no último día do Festiclown Palestina en Xerusalén e o primeiro en Ramala, onde máis de tres mil palestinos ateigaron os espectaculos do venres dez de setembro, a caravana da esperanza -como xa foi bautizada a nosa expedición- chega pletórica ao “Muro das aberracións” para enfrontar a barbarie da ocupación militar isarelí.
Saímos de Xerusalén destino a Ramala, dispostos a realizar a segunda acción de ARTIST AGAINTS THE WALL, quizais a máis perigosa e ambiciosa das que soñamos até o momento. Polo camiño facemos unha parada técnica nun almacén de construción e todos os pallasos baixan entusiamados para se armaren de cascos e atrezzo rebelde. Eu compro unha maza de obra que pesa máis que a miña mochila.
Leo Bassi fai de capataz de obra de FCM (Festiclown Contra o Muro), Claudia chega de Ramala coa pancarta xigante que reza “Obra Promovida pola Comunidade Internacional. Denomización do proxecto: Derriba dun proxecto. Localización Xerusalén- Palestina. Orzamento 114.000€. Contratista: Festiclown, Arquitecto: Leo Bassi; Inicio de obra: Setembro de 2011, Prazo de execución: Indefinido”.
Os traballadores dun taller de automoción axúdannos a montar o valo publicitario alternativo; mentres, todos os artistas dirixímonos ao checkpoint diante os berros de apoio que saen dos coches que atravesan a fronteira máis famosa de Cisxordania. O primeiro que atopamos é a cámara de seguridade da torreta militase israelí seguindo cada movemento que realizamos.
Poño na cabeza unha tapa de váter e empeza o espectáculo capitaneado por Bassi.
Pintadas no Muro, perfomance estilo Duchamp, e accións artísticas pola liberdade son a nosa achega na loita contra a maior inxustiza deste século.
Acabamos a acción inuagurando a obra de derrubamento do Muro e subimos de novo ao bus. Aínda quedan moitas aventuras por vivir nesta viaxe pola Palestina da dignidade. Un mar de emocións invádenme, hai oito anos que soñei con erguer un festival nestas terras e hoxe este proxecto ten centos de anécdotas que sen dúbida son xa parte da historia do circo.
Naceu o primeiro “Checkpoint Festival” de Pallasos en Rebeldía.
Iván Prado. Calandia, 10 de setembro, o día que no que o Muro comezou a rachar.
Tomamos literalmente o acceso ao checkpoint que tamén alberga un cuartel militar e empezamos co noso perigoso labor de “Terrorismo Lúdico”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: