MEDIO RURAL IMPULSA A RETIRADA DE RESIDUOS E ACONDICIONAMENTO DOS FONDOS MARIÑOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

A consellería do Medio Rural, encargada da xestión do Parque Nacional, coopera coa Federación Galega de Actividades Acuáticas e un grupo de buceadores na retirada dos refugallos
A recuperación e posta en valor do patrimonio natural son algúns dos obxectivos que persegue esta actuación
Santiago, 11 de setembro de 2011.- O Parque das Illas Atlánticas, a Federación Galega de Actividades Acuáticas e un grupo de buceadores voluntarios desenvolveron conxuntamente unhas xornadas de inmersión no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural, coa fin de eliminar dos fondos mariños antigas ancoraxes próximas ao porto de Rodas. A extracción destes aparellos dá resposta a dous obxectivos, xa que por unha banda a retirada destes residuos podería evitar algún accidente de navegación preto do Parque, ao mesmo tempo que se acada unha recuperación e posta en valor das proximidades das Illas Atlánticas e do seu importante patrimonio natural.
Durante as inmersións dos últimos días, os equipos de submarinistas traballaron arrancando do fondo do mar diferentes tipos de refugallos, entre os que cabe salientar aparellos de pesca ou cabos. Marcáronse, asemade, catorce puntos con boias para proceder á retirada de “mortos” de cemento durante este mes de setembro. A día de hoxe estas pequenas construcións de cemento  resultan inservibles para a disposición das ancoraxes, polo que a súa supresión conseguirá eliminar o impacto visual da acción do home nos fondos próximos ás Illas.
Convenio OSPAR
O Parque das Illas Atlánticas de Galicia é o primeiro espazo protexido de España en formar parte  da Rede OSPAR, o Convenio Oslo París asinado en 2007 que vela pola protección do medio mariño e a prevención da contaminación.
O Convenio OSPAR ten como un dos seus obxectivos a loita contra todas as formas de contaminación, así como a protección do medio mariño. Unha das súas actividades principais céntrase na prevención e retirada da contaminación e os efectos prexudiciais das actividades humanas, producidas estas por fontes terrestres, mariñas ou vertidos.
O departamento que dirixe Samuel Juárez traballa na mesma liña que OSPAR na protección dos espazos naturais. Entre os obxectivos prioritarios para Medio Rural cabe salientar a importancia da divulgación e concienciación social, como ferramentas chave para acadar un equilibrio entre a acción humana e a conservación da natureza, así como a protección do medio mariño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: