ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE ARTES GRÁFICAS DE GALICIA

A Consellería respalda ao sector das artes gráficas coa posta en marcha de proxetos concretos como o impulso da implantación de ferramentas de xestión en pemes e outro tipo de colaboracións

Desde a Consellería enténdese que o apoio ao fortalecemento das asociacións empresariais constitúe un medio para mellorar a competitividade

Santiago, 13 de setembro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, dentro dos obxectivos da Consellería orientados ao impulso dos clusters e asociacións empresariais galegas, mantivo hoxe en Santiago un encontro cos membros da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia

A Asociación conta co apoio da Consellería desde diferentes ámbitos e recibe axudas directas para a posta en funcionamento de proxetos concretos, como a implantación de ferramentas de xestión en pemes, a realización de seminarios e outro tipo de colaboracións.

A Consellería de Economía e Industria entende que o apoio ao fortalecemento dos asociacións e clusters constitúe un medio para mellorar as posibilidades das empresas de relacionarse entre si, establecer fluxos de coñecemento e acadar a masa crítica suficiente como para desenvolver proxectos innovadores que melloren a súa competitividade.

Para a Consellería, a realidade dun tecido empresarial galego dominado por pequenas e medianas empresas obriga á procura e á potenciación de fórmulas asociativas que axuden e provoquen sinerxías entre as industrias que deriven na mellora competitiva dos seus integrantes. Neste eido, Economía e Industria está a vangarda da xeración e regulación destas estruturas organizativas, de feito, no proxeto de Ley de Política Industrial aprobado fai uns días no Consello da Xunta, recoñécese e defínense os clústers empresariais e establécese a creación dun Rexistro Galego de Cluster.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: